Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Historia
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba escrita para a avaliación da aprendizaxe. Versará sobre os contidos teóricos estudados no curso e recolhidos no temario da asignatura.
Recensión bilbiográfica Reseña dun libro indicado polo profesor. A recensión non supón un simple resumo da obra senon unha lectura profunda, un analise do seu contido e unha valoración critica se proceder. A extensión non excederá das seis follas mecanografadas a tamanho 12 (descontada a capa).
No presente curso o libro a recensar será o seguinte: FONTANA, Josep (2013), El futuro es un país extraño: una reflexión sobre la crisis social de comienzos del siglo XXI. Barcelona, Ed. Pasado y Presente.
Obradoiro Analise, comentario e debate dunha novela historica en grupos reducidos. Deberán participar no debate todos os alunos sen excepción, o que implica a asistencia obrigatoria ás aulas interactivas.
Os alunos de segundo e terceiro curso con esta materia pendente, e somente eles, poderán sustituir a intervención na aula pola entrega de breves comentarios por escrito relacionados cos textos obxecto de debate.
Os alunos en situación de dispensa académica realizarán esta actividade no gabinete do profesor, debatendo e dialogando con ele conforme a a un cronograma previamente combinado.
Lecturas Lectura por conta do aluno do material bibliográfico seleccionado e recomendado polo profesor. As tais lecturas estarán relacionadas coa materia do temario.
Sesión maxistral Exposición oral a cargo do profesor, centrada nos contidos do programa da asignatura
Discusión dirixida Debate na aula na base de materiais previamente distribuídos polo profesor e lidos polo aluno en horas non presenciais. O profesor orientará o debate. Deberán participar todos os alunos sen excepción, o que implica a asistencia obrigatoria ás aulas interactivas.
Os alunos de segundo e terceiro curso con esta materia pendente, e somente eles, poderán sustituir a participación na aula pola entrega de breves comentarios por escrito relacionados cos textos obxecto de debate.
Os alunos en situación de dispensa académica realizarán esta actividade no gabinete do profesor, debatendo e dialogando con ele conforme a un cronograma previamente combinado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes