Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Historia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A11 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C4 C5 C6 Valorizarase a capacidade de argumentar e contrastar a opinión propia coa dos compañeiros e compañeiras da aula. Toda opinión deberá estar debidamente fundamentada, non emitida á toa. 10
Recensión bilbiográfica A2 A3 A10 B1 B3 B5 B6 B7 C1 Será obxecto de estimación a capacidade analítica, de comprensión e de síntese a respecto do material a recensar, ben como a claridade expositiva do discurso. 40
Proba obxectiva B1 B3 B5 B7 C1 Será avaliada a exposición realizada polo aluno consoante a criterios de articulación e coerencia expositiva e adecuación ás cuestións formuladas. 40
Obradoiro A1 A2 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C4 C6 Apreciarase de modo especial a capacidade para traballar e debater en grupo e a receptividade para coas argumentacións dos demáis.
10
 
Observacións avaliación

1. Para superar a materia é obrigatorio: - Superar a proba obxectiva - Ter entregado en tempo e forma as actividades  encargadas durante o curso. Caso da suma das cualificacións do conxunto das metodoloxías ultrapasar os cinco pontos sen se teren alcanzado un mínimo de dous (sobre catro, na escala ponderada) na proba obxectiva, farase constar como cualificación final 4,9 implicando un suspenso na materia.

2. Serán avaliados os alumnos que asistiren à proba obxectiva e entregaren a recensión bibliográfica. Onde non, serán considerados como non presentados.

3. As faltas de ortografía (grallas) e/ou incorreccións léxico-gramaticais poderán ser motivo de suspenso automático cando muito graves e reiteradas. En calquera caso suporán unha diminución da nota.

4. Os alumnos/as en situación de matrícula a tempo parcial ou dispensa académica deberán realizar os mesmos traballos e probas que os estudantes suxeitos á matrícula ordinaria, conforme ás variantes para eles estabelecidas no apartado das metodoloxías.

5. Na "segunda oportunidade" de xullo e sucesivas (incluída a anticipada de decembro), serán avaliadas unicamente aquelas metodoloxías que nom tiverem sido superadas na primeira oportunidade, conservándose para as restantes metodoloxías as cualificacións obtidas en xuño.

6. Na "segunda oportunidade" de xullo e sucesivas (incluída a anticipada de decembro), a avaliación das actividades interactivas correspondentes ás metodoloxías "Obradoiro" e "Discusión dirixida" será realizada sobre a base da presentación, por parte do alumno/a, de resumos ou comentarios das leituras obxecto de debate nas ditas actividades ao longo do curso.

7.Recoméndase que todos os alunos/as matriculados na materia (inclusive os que a tiveren pendente de cursos anteriores) entreguen unha ficha con foto actualizada a fin de facilitar o seguimento e consigna das súas actividades por parte do profesor.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes