Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Inglesa 1
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Nunha materia de literatura, o debate é unha ferramenta indispensable para a profundización e a asimilación dos contidos, para o contraste de ideas e interpretacións. Pode ter lugar na clase en grupo grande nas horas de D.E. (docencia expositiva) ou en grupos pequenos nas de T.G.R. (titoría en grupos reducidos) pero principalmente será a metodoloxía arredor da que se estructuren as horas asignadas a D.I. (docencia interactiva).
Lecturas Para unha materia de literatura é esencial que cada estudante se responsabilice de ter feitas as lecturas asignadas para cada día antes de entrar na aula. En Literatura Inglesa I, o calendario de lecturas darase a coñecer tanto na clase como na plataforma moodle. É igualmente responsabilidade de cada estudante estar ao tanto das posibles modificacións relativas tanto ao temario como ao desenvolvemento da materia.
Sesión maxistral Nas horas asignadas a docencia expositiva (grupo grande), o profesor exporá os contidos teóricos relativos á literatura inglesa e o seu contexto dende as súas orixes ata finais do século XVII, así como os conceptos básicos cos que se van analizar. Todos estes contidos enmarcan e entroncan co traballo desenvolvido despois nas clases de docencia interactiva (grupo mediano) e titoría en grupo reducido (grupo pequeno).
Traballos tutelados O alumnado realizará traballos escritos (ex., análises de texto) que se farán, maioritariamente, en horario lectivo. Fóra da aula, cada estudante deberá realizar tarefas previas, como por exemplo, as lecturas, pero poderá tamén levar a cabo procesos de redacción, revisión e edición, etc.
Proba mixta No exame final o alumnado deberá demostrar que domina os contidos teóricos presentados e as destrezas prácticas traballadas nas aulas. O exame consistirá en preguntas breves (definicións de termos críticos, de periodos, identificación de fragmentos dos textos estudados, análise, etc).
Seminario Nas sesións de T.G.R. traballarase principalmente a redacción ben estruturada das interpretacións das lecturas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes