Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Inglesa 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A6 A7 A9 A10 A11 A15 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C4 C7 Consistirán en dúas redaccións argumentativas escritas en clase nas que cada estudante demostrará a súa habilidade para interpretar textos de xeito independente e para escribir ensaios ben organizados, coherentes e cohesionados, así como a súa capacidade no uso da lingua inglesa. 30
Discusión dirixida A2 A6 A7 A9 A11 A15 B4 B5 B7 B8 B10 C2 C4 C7 É obrigatorio facer as lecturas asignadas para cada día e resolver as posibles dúbidas de vocabulario antes de ir a clase.
Animarase a que a/o estudante que non teña cumplido este pre-requisito use o tempo de clase para facelo, mais esto implica que non poderá participar en ningunha actividade de clase ata que remate a lectura, polo que perde a posibilidade de obter puntos de participación por ese día.
As actividades de clase poden consistir en exercicios orais e escritos, individuais ou en grupo, tales como facer resumos, análises, debatir, interpretar, identificar, etc.
20
Proba mixta A1 A2 A3 A6 A7 A9 A11 A15 B3 B4 B7 B10 No exame final o alumnado deberá demostrar o seu dominio dos contidos teóricos e das destrezas practicadas nas aulas. Este exame consistirá en preguntas breves (definicións de termos críticos e períodos, identificación de fragmentos dos textos estudiados, análises, etc.). 50
 
Observacións avaliación
• A segunda oportunidade de avaliación en xullo consistirá nun EXAME ESCRITO cos seguintes apartados:
1) A primeira parte terá un deseño idéntico ao do exame final na primeira oportunidade, aplicaránse os mesmos criterios, e computará o 50% da nota;
2) A segunda parte consistirá nunha serie de preguntas curtas adicionais que compensarán polo traballo feito na clase (Ver “Discusión dirixida” arriba) para a primeira oportunidade de avaliación, e computará o 20% da nota;
3) E un ensaio argumentativo sobre as lecturas feitas durante o cuadrimestre para os traballos tutelados, que computará o 30% da nota.
Cada estudante deberá completar a(s) sección(s) que non superara na primeira oportunidade.
• Na primeira oportunidade de avaliación, deberase obter unha nota mínima de 3,5 sobre 10 tanto na sección “Traballos tutelados” como en “Proba mixta” para poder sumarllelas ao resto das notas de cara a intentar superar a materia. Na segunda oportunidade, deberase obter esta mesma nota mínima nas seccións 1 e 3 do exame escrito.

• Obterase unha calificación de "non presentado" por non acudir ao exame e/ou por ter completado traballo de curso que represente unha porcentaxe inferior ao 50%.

• O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso e avaliarase do mesmo xeito que o especificado para a oportunidade de xullo.

• O alumnado que se presenta á convocatoria adiantada de decembro avaliarase segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

• O profesorado pode usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do alumnado. O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" nesta actividade.

• Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes