Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Española
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 A5 A11 A15 A17 B1 B5 B6 B7 B10 A sesión maxistral vai ligada á aprendizaxe colaborativa, que aparece debaixo. Computarase en relación con ela: asistencia, participacións, etc. 10
Lecturas A1 A2 A5 A11 A15 A17 B1 B5 B6 B7 B10 Lecturas obrigatorias que serán a base para as sesións maxistrais e os obradoiros do curso. Cada cuadrimestre realizarase un control destas lecturas. 20
Obradoiro A1 A2 A5 A11 A15 A17 B1 B5 B6 B7 B10 Cada cuadrimestre elaborarase nas aulas unha proba consistente no comentario literario dun texto seleccionado polos profesores, como control do aprendido neste campo. 20
Proba obxectiva A1 A2 A5 A11 A15 A17 B1 B5 B6 B7 B10 Nas datas oficiais realizaranse as probas obxectivas (exames) pertinentes. 50
 
Observacións avaliación

AAs anteriores porcentaxes son orientativas. Para completar a información, cómpre ter en conta o seguinte:

1. O 50% da cualificación final obterase polas probas escritas (exames) en convocatorias oficiais de primeira e de segunda oportunidade. Para aprobalas, e para aprobar a asignatura, deberase obter nelas un mínimo de 4 sobre 10. Por exemplo, un 3 no exame non é posible compensalo cun 7 pola suma de actividades e asistencia.

2. Con independencia do anterior, haberá un exame opcional en xaneiro que permitirá liberar materia da primeira parte da asignatura. A presentación de novo a esta parte nas convocatorias de maio e de xullo significa que a segunda cualificación, sexa esta cal sexa, prevalece sobre a primeira.

3. O 40% obterase pola realización de actividades durante o curso. Un 20% corresponde a dous comentarios de texto e outro 20% para dous controis de lectura. En ambos casos, as probas serán por escrito, en horario de curso, á final de cada período, en decembro e maio.

4. O 10% restante corresponde á asistencia, participación e desempeño de cada estudante no decorrer do curso, con atención á aprendizaxe colaborativa.

5. Para obter cualificación é indispensable presentarse ás convocatorias oficiais, tanto en primeira como en segunda oportunidade.

6. Toda avaliación positiva será gardada para a cualificación da segunda oportunidade, en xullo. En caso de estar suspensas ou non realizadas, efectuaranse entón as probas pertinentes. Isto serve igualmente para a cualificación do 10% contemplada no punto 4, que se manterá na segunda oportunidade.

7. A convocatoria adiantada de decembro consistirá na realización dunha proba escrita (50% da cualificación) e dunha proba específica sobre as lecturas propias da materia (50% da cualificación). Esta última pode ser oral.

8. O alumnado con dispensa académica recoñecida deberá comunicalo por escrito a luis.caparros@udc.es, co asunto: “Dispensa de asistencia 2019-2020", en canto comece o curso ou sexa efectiva a matrícula. A dispensa académica elimina neste caso o 10% correspondente á asistencia. Esa porcentaxe trasládase ás actividades, que pasarán a contar cada unha o 25% da cualificación final.

9. O alumnado repetidor que non poida asistir ás aulas ten a opción de acollerse ao sistema anterior, mediante aceptación expresa, comunicada a través dun correo electrónico a luis.caparros@udc.es, co mesmo asunto e sempre antes do día 15 de setembro. Isto é importante.

10. As probas escritas e as actividades deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística en español, lingua regulamentaria do curso: acentuación, ortografía, precisión léxica, ausencia de abreviaturas, rexistro formal, etc. A penalización por faltas graves será de medio punto en cada caso. Para estudantes de lingua estranxeira, será indispensable un dominio razoable da lingua española, tanto en expresión oral como escrita.

11. Calquera forma de plaxio, como a cita de traballos alleos sen a marca de tal ou sen a referencia correspondente, suporá o suspenso para a proba ou traballo. O mesmo aplicarase a calquera forma de copia indebida nas probas ou exames. O control farase mediante o programa de detección de plaxios Turnitin, autorizado pola Xunta de Facultade.

12. Forma parte das obrigas do alumnado estar ao corrente do curso e das actividades mediante a consulta periódica da plataforma Moodle.

13. Lémbrase que os dereitos e deberes do alumnado da UDC están recollidos no Estatuto do Estudantado, na web institucional:
https://www.udc.es/estatuto O resto de normativa pode consultarse en: https://www.udc.es/gl/normativa/estudantes/

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes