Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Galega
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Exposición xeral do funcionamento da materia e realización de actividades prácticas para familiarizar o alumnado co funcionamento de bases de datos e repositorios dixitais, cos recursos bibliográficos, e coa metodoloxía das actividades avaliábeis.
Análise de fontes documentais Lectura, análise e comentario de códices, textos e paratextos (xornalísticos, narrativos, poéticos, dramáticos, públicos, privados, correspondencia...).
Lecturas Realización das lecturas obrigadas que se indican no apartado 8 da guía, e dos textos críticos que indique o profesorado.
Prácticas a través de TIC Prácticas en que se utilizarán de maneira case exclusiva os recursos en rede incluídos no apartado 8 da guía.
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesorado expón os puntos principais dos contidos da materia, como punto de partida para o traballo posterior do alumnado.
Presentación oral Exposición na aula, necesariamente oral, aínda que poderá ser completada coa utilización de material audiovisual de apoio.
Seminario Traballo en grupos reducidos coa finalidade do estudo intensivo dun tema. Discusión, participación, elaboración de conclusións nas que se envolven todos os participantes do seminario.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia e participación a eventos relacionados coa materia que se realicen na propia Facultade ou noutros lugares accesíbeis para o alumnado.
Traballos tutelados Realización por parte do alumnado dun traballo baixo a orientación e co seguimento do profesorado da materia. As características e condicións de realización do traballo explicaranse no inicio do curso e acordaranse co alumnado.
Proba mixta Proba escrita de avaliación que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes, preguntas tipo test, etc.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes