Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega 2
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Instrumento de avaliación dos contidos focados nas "Sesións maxistrais".
Traballos tutelados Actividade integrada no desenvolvemento dos "Seminarios" destinada a fomentar a aprendizaxe autónoma e colaborativa entre o alumnado.
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
A avaliación será feita a través dunha "Proba mixta" en que avaliará a competencia e o desempeño atinxidos en relación a aqueles contidos teóricos expostos polo profesorado durante esas sesións na sala de aulas. Esta proba estará focada para a realización de actividades teórico-prácticas e para análises específicas de textos escritos ou de calquera outro material utilizado ao longo das sesións presenciais.
Recensión bilbiográfica Esta metodoloxía deriva da "Lectura" contemplada na estrutura dos "Seminarios" realizados ao longo do curso académico.
Igual que todos os materiais, será dispoñibilizada para o conxunto da aula a través da plataforma Moodle.
Seminario Ao longo dos "Seminarios" (grupos reducidos) será realizado o acompañamento dos labores propios da materia.
Serán atendidas especificamente as seguintes cuestións:
1. Un TRABALLO TUTELADO, elaborado utilizando metodoloxías con base na "aprendizaxe colaborativa" e do cal poderá derivarse unha Presentación oral.
2. Unha LECTURA seleccionada dunha listaxe fornecida polo profesorado e a súa correspondente "Recensión bibliográfica" individual, que terá que ser realizada de acordo cos modelos e cos parámetros proporcionados polo/a docente e que despois deberá ser dispoñibilizada para o conxunto do grupo a través de Moodle.
3. Cada alumno/a poderá presentar oralmente ao conxunto da turma os procesos e os resultados do "Traballo tutelado" realizado. Durante esa presentación oral, o alumnado terá de empregar os recursos tecnolóxicos precisos para o efecto e demostrar a asunción e a aplicación práctica dos contidos, das destrezas e das competencias abordados durante o curso.
Lecturas Tarefa integrada nos traballos propios dos "Seminarios".
Obradoiro Durante as sesións aquí identificadas como "Obradoiros" (grupos medios), o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas "Sesións maxistrais", así como das destrezas e das estratexias relacionadas coa expresión oral e escrita que fan parte dos obxectivos da materia.
Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de fontes documentais, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e, sobre todo, estudos de caso.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia e participación a eventos relacionados coa materia que se realicen na propia Facultade ou noutros lugares accesíbeis para o alumnado.
Estudo de casos Esta metodoloxía intégrase no desenvolvemento tanto dos "Seminarios" como dos "Obradoiros".
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes