Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega 2
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Ao lado do labor de acompañamento realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente -que non unicamente- para o apoio á realización do "Traballo tutelado". De maneira xeral, cada alumno/a asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo.
Para a realización das actividades previstas e a fin de obter unha orientación adecuada, é fundamental que o alumnado comunique de maneira fluída e frecuente tanto os seus progresos como as súas eventuais dificultades. Alén diso, cada estudante poderá realizar toda clase de consultas en relación ao desenvolvemento do traballo, ben no horario de atendemento ben a través do correo electrónico.
Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na oportunidade adiantada de decembro.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes