Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A2 A10 A11 A15 B1 B3 B5 B7 B8 B10 Será avaliada a participación e o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesorado para cada actividade destas características. 15
Recensión bilbiográfica A2 A9 A10 A11 A14 A18 B1 B5 B6 B9 C1 C6 Será avaliada a capacidade do alumnado para a lectura analítica e crítica, a corrección lingüística, a clareza expositiva (coherencia e cohesión), a capacidade de síntese, a hierarquización de conteúdos e a adecuación de forma e fondo. 10
Traballos tutelados A10 A11 A15 A18 B3 B6 B7 B8 Serán avaliadas a corrección lingüística, as estratexias e procedementos expositivos utilizados, a participación ao longo dos traballos realizados nos"Seminarios" destinados ao efecto, os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe canto á consecución dos obxectivos procurados co "Traballo tutelado". 25
Proba mixta A2 A4 A9 A18 Serán avaliadas a corrección lingüística e expositiva, así como a adecuación entre o exposto na proba mixta e os conteúdos apresentados e estudados nas sesións maxistrais. 40
Eventos científicos e/ou divulgativos A11 A14 B3 B5 B7 B8 C6 Valorarase a participación nestes eventos a través da realización de fichas que se entregarán ao profesorado. 10
 
Observacións avaliación

1. OBSERVACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN

1.1. Para superar a materia, o alumnado deberá atinxir
unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, na proba
mixta deberá obter 5 puntos sobre 10 para poder sumar os restantes elementos
avaliábeis. No caso de non superala, a cualificación final será a nota do exame ponderada.

1.2. Todas as actividades deberán ser entregadas de
acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado
fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e que pendurará en Moodle. As
actividades entregadas fóra do prazo marcado non
serán obxecto de avaliación.

1.3. Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle).

1.4. Se houber criterios específicos de avaliación para algunha
das tarefas propostas, estes serán oportunamente dispoñibilizados polo profesor
responsábel da materia en formato "rúbrica" na sala de aulas e/ou a
través de Moodle. O docente proporcionará, igualmente, as oportunas instrucións
para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.

1.5. Os
traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados a unha ferramenta informática para a detección do plaxio e de traballos
previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo
mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas
circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas "Normas
de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de
grao e mestrado universitario" da Universidade da Coruña (artigo 14.4).

2. AVALIACIÓN DA 2.ª OPORTUNIDADE (xullo)

2.1. Na 2.ª oportunidade, o alumnado será
avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade
anterior.

2.2. As persoas que non superaren a materia
de acordo coa avaliación continuada deberán concorrer á 2.ª oportunidade (xullo).
Para superaren a materia nesta 2.ª oportunidade, os/as alumnos/as deberán
aprobar (con 5 puntos sobre 10) aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas
polo profesorado responsábel da materia e que serán realizadas na data fixada
pola Facultade de Filoloxía. Igualmente, deberán ser realizadas
satisfactoriamente todas aquelas tarefas non superadas ou non presentadas na
oportunidade anterior.

3. AVALIACIÓN DA
OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO

3.1. O alumnado que se
presentar á convocatoria adiantada de decembro terá que contactar previamente
co docente responsábel da materia e, para superala, realizar unha “Proba
mixta” (5 puntos), unha “Presentación oral” (2 puntos) e uns “Traballos
tutelados” (3 puntos) que lle foren encomendados.

4. CUALIFICACIÓN DE NON
PRESENTADO (NP)

4.1. Será considerado Non
Presentado aquel alumno ou alumna que non se presentar á "Proba mixta" e que
non presentar ningunha das actividade contempladas na avaliación.

5. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA

5.1. O estudantado matriculado a tempo parcial e con
dispensa académica de exención de asistencia concedida realizará ou entregará as
actividades obrigatorias nunha data concertada previamente co profesor. Este
alumnado deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o
restante e, se non puider asistir ao atendemento, deberá pórse en
contacto co profesor a través do correo electrónico.

6. ALUMNADO DE SEGUNDA MATRÍCULA

6.1. O alumnado de segunda matrícula que non poida asistir ás
aulas deberá contactar co profesorado da materia e terá que realizar e entregar
nos prazos concertados previamente polos docentes as mesmas probas e
actividades que o restante. Así mesmo, haberá unha reunión no incio do curso con este alumnado para pautar o desenvolvemento do curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes