Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 3
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Primeira toma de contacto coa materia, onde as actividades teñen como fin a obtención de información achega do nivel de competencia do alumnado, para poder avanzar de acordo coas súas expectativas e necesidades.
Sesión maxistral Modo de clase maxistral, acompañada de material audiovisual, co fin de aumentar e consolidar os coñecementos dos alumnos da lingua inglesa e os temas aprendidos.
Discusión dirixida Diálogos en parellas e grupos pequenos, con seguimento dos profesores, onde se pon en práctica as habilidades dos alumnos, e onde poden ter lugar conversacións e debates informais e espontáneos.
Proba oral Unha proba onde se avalía a competencia comunicativa, dentro do contexto dunha entrevista individual ou de parellas, cun ou ambos os profesores.
Seminario Son sesións prácticas onde se desenvolven as catro habilidades básicas en relación co programa, ou outros temas que xurdan.
Proba obxectiva Exame escrito. Isto permite que os profesores avalíen os coñecementos e habilidades lingüísticas adquiridos, desenvolvidos e mellorados durante o curso. Pode incluír varios tipos de preguntas: composicións, preguntas de resposta múltiple, completar frases, transformacións e outros exercicios. Inclúe unha proba de audición. Basearase case exclusivamente nos materiais utilizados ao longo do curso.
Presentación oral Unha presentación diante dos demais alumnos na clase de tamaño medio (DI). Debe tratarse dun tema controvertido elixido polo propio alumno. O alumno debería chegar a algún tipo de conclusión despois de considerar e explicar os puntos principais. Deberían usar PowerPoint ou similar como apoio dos seus argumentos.
Portafolios do alumno Os alumnos deberían gardar e ordenar os materiais que son o resultado das clases, e outros materiais, cos seus propios comentarios e as notas asignadas, para facer un seguimento dos seus progresos. Isto inclúe as composicións coas notas, comentarios e correccións do profesor. Tamén inclúe calquera tipo de investigación ou traballo levado a cabo polo alumno.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes