Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 3
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A8 A11 B6 Avaliaranse varias composicións. As características de cada unha serán explicadas polo profesor(a). 20
Proba obxectiva B1 B2 B10 C2 C4 Unha proba obxectiva (exame) baseada nos materiais usados en clase, a lectura adicional e os traballos esixidos por ambos os profesores. Incluirá varios tipos de exercicios, unha composición escrita e unha proba de audición. 35
Seminario B6 B3 B4 B5 Avaliaranse a asistencia (5%) e participación (5%) dos alumnos (=10%) 10
Presentación oral A6 A9 B2 B4 B6 C2 Ao alumno esixiráselle unha presentación acerca dun tema elixido por el / ela, que contén un elemento de polémica. Debe basearse nun texto extraido dunha revista, unha páxina de Internet, un periódico, etc, onde se expresa un punto de vista, e o alumno debe incluír e argumentar o seu propio punto de vista achega do tema. Esta proba é individual; non pode presentarse en parellas ou grupos, e debe levar a cabo sen ter apuntamentos diante. Poderase utilizar unha presentación con PowerPoint ou similar, pero a mesma só debe consultarse, non lerse. Proporcionaranse máis detalles no programa da materia que se atopará en Moodle. 20
Proba oral A6 A9 Todos o alumnado realizará unha proba oral ao final do cuadrimestre, en formato de entrevista individual ou en parella, na que deberá mostrar as súas competencias comunicativas en lingua inglesa. Avaliarase a capacidade de facerse entender, a súa coherencia, fluidez, pronuncia e tamén a complexidade e corrección léxicas e gramaticales. 15
 
Observacións avaliación

Os traballos escritos poden ser revisados a través da aplicación Turnitin que detecta citas incorrectas,
plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranse as normas contra
o plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e mestrado universitario).
Turnitin
recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/a
propio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais
localizados en Internet.

IMPORTANTE: Para superar a materia, a suma das distintas probas deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima da proba escrita deberá ser de 4 puntos sobre 10. Os alumnos/as que non se presenten o día das probas escritas recibirán a cualificación de NP.

AVALIACIÓN XULLO: Os/As estudantes que  non superen a proba na primeira oportunidade terán que ir á oportunidade de xullo, onde os criterios de avaliación serán os seguintes: Proba oral 10%, Proba obxectiva 40%, Presentación oral 15% Portafolio do alumno 20%, Resumo oral dun conto curto en inglés, eligido polo profesor (15%) do libro de Graham Greene “Twenty-one stories” https://es.scribd.com/document/235689728/21-Stories-Graham-Greene (15%) A historia para o
curso 2018/2019 é “The End of the Party”.

Os que aprobasen unha parte na primeira oportunidade non terán que repetir esa parte en xullo (2ª oportunidade).

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

DISPENSA ACADÉMICA: Aqueles alumnos que oficialmente se matricularon a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes