Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Técnicas de Tradución
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Na primeira sesión realizaranse varias actividades relacionadas coas linguas e coa tradución. Estas probas axudarán ao profesorado a determinar a competencia e os intereses dos estudantes en relación coa materia.
Sesión maxistral Comezarase cada tema cunha exposición oral dos conceptos teóricos máis relevantes e as súas posibilidades de aplicación á práctica.
Obradoiro Nos grupos medianos e pequenos o alumnado realizará actividades diversas (prácticas guiadas e libres de tradución, individuais e en grupo, exposicións, debates, solución de problemas etc.) baixo a supervisión do profesorado.
Traballos tutelados Exercicios relacionados coa tradución, supervisados polo profesorado, individuais ou en grupo, realizados nas aulas e/ou fóra delas.
Lecturas Lecturas relacionadas coa tradución.
Proba mixta Haberá unha proba final na data oficial en xuño. Nela avaliarase a competencia de cada estudante na tradución e na teoría sobre tradución.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes