Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 4
   Contidos
Temas Subtemas
-ESCRIBIR
Qué é o estilo de escritura MLA? Estilo e rexistro, linguaxe formal e informal, connotación e denotación, post-estruturalismo e oposición binaria, puntuación, parágrafo, conectores, o ensaio (ex. argumentativo e de investigación), título, introdución, (hipó)tesis vs. tema, corpo, conclusión,
fontes de información (web e imprimidas), lista de obras citadas, citas no corpo do texto, plaxio, notas ao pé e ao final, etc.

Ao longo do curso, aprenderedes a escribir textos diferentes tales como a carta de motivación, o CV profesional e o ensaio de tipo MLA. Este último será obxecto do exame final.
-LER Qué é ler críticamente? Diferentes niveis de comprensión dun texto, gramática, vocabulario, estrutura, figuras retóricas, historia e trama, temas, caracterización, inferencia, dedución, análise, alcance e repercusión, significado e interpretación, conclusións, etc.

Leremos e discutiremos sobre documentos diversos. Dous dos devanditos documentos formarán parte da comprensión lectora no exame final.
-FALAR Cómo facer unha presentación oral, participar nun debate e comportarse nunha entrevista de traballo. Tipos de discursos; consellos para loitar contra o medo escénico; uso de pausas, entoación e ritmo na oralidade; linguaxe corporal; cohesión e coherencia; convencer e persuadir.

Cada estudante deberá vir á clase preparada/o para responder oralmente o material de lectura asignado para ese día, así como para participar nos debates e resto de actividades.
-ESCOITAR

Os exercicios auditivos estarán relacionados coa gramática e o vocabulario vistos na clase. As/os estudantes tamén traballaredes con entrevistas de traballo e practicaredes para a proba audio-oral.

En clase practicaredes a escoita da lingua inglesa. Escoitar, á parte de ser necesario para a comprensión, tamén é un acto ético e espérase que o alumnado practique a ética.
-GRAMÁTICA Repaso e consolidación tanto do uso das palabras como de estruturas gramaticais importantes.

Conectores e outros elementos de cohesión textual. Tempos verbais: o seu uso correcto e consistente. Oracións subordinadas relativas (ex. con preposicións) e adverbiais. O acordo e orde das palabras. Distinguir entre tipos de palabras e de frases: adxectivos vs. adverbios, conxuncións vs. preposicións e frases preposicionales vs. frases adverbiais.
-VOCABULARIO Expansión do vocabulario, con especial atención ás expresións idiomáticas, os falsos cognados, os verbos compostos e a linguaxe formal.

Temas: atopar traballo e describir habilidades profesionais; debater sobre temas de actualidade tanto lingüísticos (ex. a linguaxe [non] sexista, o [non] uso dos marcadores de xénero) como sociais (emocións, xénero, sexualidade, diversidade e medio ambiente, entre outros).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes