Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 4
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A6 A9 A10 A15 A18 B10 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B1 C2 C4 Redacciones dos temas estudados no curso que deberán presentar a estructura vista en clase. 15
Proba oral A9 A6 B4 B7 B8 B10 C2 C5 C6 Exposición dun proxecto en grupo (15%) no que se valorará ademais as habilidades de presentación (5%) 20
Seminario A1 A6 A10 A18 B6 C2 Probas de lectura e vocabulario (10%)
Exercicios de escoita para evaluar o nivel de comprensión en lingua inglesa (10%)
20
Sesión maxistral A2 A6 A8 A11 A15 B1 C7 C8 Terase en conta a participación activa do alumnado durante as sesións maxistrais. 5
Proba mixta A6 A12 A15 A18 B4 B6 B9 C2 C3 Exame final escrito que consistirá nunha combinación dos seguintes exercicios: práctica de vocabulario; comprensión de textos; traducción de textos breves ao inglés; descrición de gráficas que ilustran tendencias de diferentes temas... 40
 
Observacións avaliación
Todos os estudantes deberán participar obrigatoria e activamente nas clases presenciais, xa que se conciben como un recurso co que fomentar a súa implicación na adquisición e asimilación dos contidos.

1ª oportunidade
  • Para SUPERAR A MATERIA os alumnos deberán reunir aas siguientes condicións:

1º. A nota mínima en cada un dos seguintes apartados "proba oral ", "portafolio do alumno" e "seminario" terá que ser un 40%. A media destes apartados teñe que  acadar os 5 puntos sobre 10 para facer media coa proba mixta (=examen escrito).

2º. É obrigatorio chegar ó 50% na proba mixta para facer media cos apartados mencionados no primeiro apartado.

3º. En caso de non superarse algunha das partes da avaliación, e aínda que a suma final das partes sexa maior de 5, a cualificación final da materia non será en ningún caso superior a un 4,5 sobre 10.

Estudantes con  dispensa académica de exención de asistencia
O estudantado con recoñecemento de dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) deberá comunicalo ao profesorado na primeira quincena do cuadrimestre. Este alumnado será avaliado cun sistema individualizado de avaliación acorde aos motivos de dispénsa.

2ª oportunidade
O mesmo método de avaliación aplícase para a segunda oportunidade e os estudantes deberán recuperar aqueles apartados da materia nos que non obtivesen unha cualificación de aprobado ou aos que non se presentaron. No caso do Obradoiro, consistirá nunha tarefa adicional a realizar como parte da Proba mixta. 

-Isto é válido ÚNICAMENTE para as dúas convocatorias do ano en curso.

Convocatoria adiantada
No caso da convocatoria adiantada, os estudantes deben realizar un exame escrito (70%) e unha proba oral (30%).

Calificación de Non Presentado
Só se obterá a cualificación de NON PRESENTADO aqueles estudantes que non participaron en ningunha das actividades e tarefas que constitúen a avaliación da materia. 

Falta de honradez académica/ implicación de plaxio
Aos estudantes que incorran en fraude académica aplicaráselles a sanación correspondente recollida no regulamento disciplinar do estudantado da UDC (art. 11, apartado 4. b). "Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".

Atención á diversidade

 A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, cos servizos disponíbeis na UDC, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo.

Regulamento disciplinar do estudantado da UDC Artigo 11, apartado 4 b)

Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Perspectiva de xénero

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes