Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa e os seus Usos 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A6 A9 A15 B1 B6 B7 Entrega de dúas redaccións sobre distintos temas relacionados co traballo de clase. A nota para esta parte será a media de ambos os dous. Ver datas máis abaixo. 20
Proba mixta A2 A6 A10 A15 B7 C2 Completar distintos tipos de exercicios; discriminar usos e significados; explicar diferenzas; transformar oracións. 50
Proba oral A6 A9 C2 Exposición oral dun traballo; preguntas de comprensión; comprobación das destrezas orais do alumno: iniciativa e interacción do alumno, rexistro adecuado, amplitud de recursos lingüísticos, capacidade de comunicación. Entrevista 30
 
Observacións avaliación

 Os
traballos escritos poden ser revisados a través da aplicación Turnitin que detecta citas incorrectas,
plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranse as normas contra
o plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e mestrado universitario
). Turnitin
recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/a
propio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais
localizados en Internet.

  1. Entrega de traballos tutelados: última semana de outubro e última de novembro

2. É necesario entregar ambos os dous traballos para poder optar a que se sumen o resto das notas na primeira oportunidade de avaliación. A asistencia habitual é un indicador do interese do alumno pola materia.
3. As datas para a entrega de tarefas e para a realización da proba oral deben respectarse; calquera incidencia que impide cumprir coas datas debe xustificarse documentalmente.
4. Proba mixta: data aprobada por Xunta de Facultade (primeira oportunidade ao finalizar o cuadrimestre). Esta data non é negociable.
5. Proba oral: entre o fin de novembro e o comenzos de decembro.

6. Un 5 sobre 10 é necesario en cada apartado da avaliación para superar a materia.
7. A segunda oportunidade de xullo, segundo o calendario académico, basearase na repetición de la(s) parte(s) da avaliación que non se superaron, conservando as mesmas porcentaxes. Se a parte dos traballos tutelados non se aproba na primeira oportunidade, o alumno debe presentar dous traballos novos  necesariamente antes do comezo do período de exames de xullo. A repetitición dol exame oral, en caso de suspenso na primeira oportunidade, llevaráse a cabo ANTES do período de exámes.

8. Obterá unha cualificación de "non presentado" aquel/a estudante que non se presente a ningunha das dúas probas (a mixta e a oral) e que tampouco realizase os traballos tutelados.

9. Aqueles alumnos que oficialmente fosen matriculados a tempo parcial, e que posúan unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.

10. Os alumnos/ás que suspendan na primeira oportunidade e non se presenten á segunda oportunidade de xullo terán a nota de suspenso.

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas
especificadas para a oportunidade de xullo.  

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes