Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Inglesa (XVI-XVII)
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor exporá os contidos teóricos relativos á literatura inglesa dos séculos XVI ao XVII, tendo en conta o contexto sociocultural. O obxectivo é proporcionar coñecimentos xerais (datos históricos relevantes, sistema de producción, autores, obras e xéneros literarios máis representativos). Os textos de lectura obrigatoria terán unha presencia parcial nestas sesións, pois o profesor comentará autores (por exemplo, Marlowe, Donne ou Behn) e textos (por exemplo, sonetos de Shakespeare ou o ensaio sobre poesía dramática de Dryden) mediante fotocopias ou proxeccións.
Lecturas A lectura das fontes primarias é funfamentalmente traballo fora das clases, pois na clase a lectura tornase en comentario de texto realmente.
Seminario Os seminarios cos grupos medios centraranse no coñecemento da literatura inglesa dos séculos XVI e o XVII, pero os textos de lectura obrigatoria serán o nucleo, e a participación dos alumnos será esencial.
Proba obxectiva Haberá un exame final oficial escrito iobrigatorio (1ª oportunidade) que representará o 50 por cento da nota final e que consistirá na elaboración, perante un tempo determinado, dun ensaio académico ou comentario de texto sobre algunha(s) das oito lecturas, mais unha pregunta breve sobre datos dos seminarios e lección maxistrais. O alumno debe obter unha nota mínima total de 4 sobre 10 (en realidade, 2 sobre 5) para facer media.
Análise de fontes documentais Comentarios de texto (das fontes primarias obrigatorias) feitos nos grupos pequenos ou medianos.
Presentación oral Cada alumno podrá facer unha presentación oral dun traballo tutelado durante o curso. O tema será un aspecto moi concreto dun dos 8 textos obrigatorios. A elección do mesmo farase entre os alumnos e ou profesor. Será breve (8-9 minutos) e integrarase con unha discusión dirixida posterior. Esta sí que é unha actividade que o alumno ten que preparar fora da aula. Valdrá un 10% da avaliación. Cando o alumno/a, por circuntancias varias, non poda facela, sempre poderá e deberá entregar o traballo por escrito antes do 15 de decembro (7-8 páxinas). Debido o número elevado de alumnos a presentación oral por parte de todos non é posible.
Proba de resposta múltiple Duranto o curso, en datas prefixadas e comunicadas a través de Moodle, haberá 4 tests de preguntas específicas sobre as lecturas obxecto de estudo, para comprobar e incentivar a lectura continua. Non é unha actividade fora da clase realmente, pois o alumno simplemente ten que ler as fontes e membrar as historias. Un test de 15 minutos cada duas lecturas obrigatorias. Cada test valdrá 0,5 puntos: dous puntos ou 20% da validación en total.
Discusión dirixida Se debatirán aspectos das obras do corpus nas clases de grupos pequenos. As veces se integrarán co exposición oral de 5 ou 6 alumnos (40 minutos).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes