Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Cultura e Civilización dos Países de Fala Inglesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A6 A18 B1 B6 C3 -Os alumnos realizarán un proxecto por parellas (só en casos excepcionais e coa autorización do profesorado podería realizarse individualmente).
-O proxecto consistirá nunha análise crítica e unha avaliación da contribución positiva e/ou negativa dun acontecemento ou unha persoa (non viva) á sociedade e ás culturas de fala inglesa. Non se trata dunha mini-biografía, listaxe de logros, folleto de tipo turístico/histórico, etc. (como en Wikpedia),
-O proxecto consistirá en (i) unha presentación oral (en clase) en datas que se anunciarán en Moodle; (ii) un resumo de 500 palabras, con 5 palabras crave, bibliografía e recursos dixitais consultados; (iii) unha versión impresa da presentación en Powerpoint. Instrucións específicas en clase e en Moodle.

-O alumnado queda avisado de que a facultade dispón dunha ferramenta informática (Turnitin) para detectar plaxio (é dicir, copiar o traballo doutros en parte, ou enteiramente), ademais de detectar se un traballo xa foi entregado como parte doutra materia polo mesmo estudante. O plaxio implicará un 0 nesta parte da avaliación.
25
Proba mixta A2 A11 B7 Proba escrita: respostas breves; redacción de pequenos comentarios; identificación de elementos significativos, obxectos, documentos históricos e culturais, cadros, trazos xeográficos. 50
Prácticas a través de TIC B3 C3 -Estudo de materiais e fontes a través de Internet e/ou fotocopias. Avaliación crítica de materiais. Algunhas pequenas tarefas realizadas na aula (TGR) entregaranse para a súa cualificación.
Tareas TGR: 5%
-Dúas tareas escritas mais extensas, baseadas nas clases interactivas (temas e características anunciados en Moodle) entregaranse o 31.10.2019 (A) hasta as 14:00, e o 5.12.2019 (B) hasta as 14:00.
Interactivas: 20%
Entrega tardía: penalización de 25%
-Ver nota sobre plaxio arriba.
25
 
Observacións avaliación
  1. Proba
    mixta: data aprobada por Xunta de Facultade para o curso 2019-20 (primeira
    oportunidade en xaneiro 2020). Esta data non é negociable, a non ser que
    coincidan dous exames o mesmo día e mesma hora. As datas para a entrega de
    tarefas e  a presentación deben respectarse; calquera incidencia que
    impide cumprir cos requisitos debe xustificarse documentalmente.
  2. Para
    aprobar a materia é necesario conseguir un 5 sobre 10 en cada apartado da
    avaliación.
  3. A oportunidade de xullo non é para mellorar nota nas
    partes da avaliación xa aprobadas. A segunda oportunidade de xullo basearase na repetición da(s)
    parte(s) da avaliación que non se superaron, conservando os mesmos porcentaxes
    (25% + 50% + 25%). En xullo o 5% correspondente ás tarefas TGR incorpórase á
    cualificación das tarefas interactivas, resultando en 25% para as dúas tarefas
    escritas. A presentación oral levarase a cabo o mesmo día do exame de
    xullo. A documentación escrita asociada á presentación entregarase  o 28 de xullo de 2020 (data límite).
  4. Os temas para a repetición das
    tarefas escritas (interactivas) anunciaranse en Moodle. Data límite de entrega:
    5 de xuño de 2020. Aplicarase unha
    penalización pola entrega tardía.
  5. Obterá
    unha cualificación de “Non Presentado” aquel/a estudante que non se presente á
    proba escrita (a mixta), e que tampouco entregase polo menos un 50% das tarefas
    prácticas.
  6. Os
    alumnos/as que suspendan na primeira oportunidade e non se presenten á segunda
    oportunidade de xullo terán a nota de suspenso.
  7. Os alumnos
    que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as
    normas especificadas para a oportunidade de xullo.
  8. Aqueles
    alumnos que oficialmente fosen matriculados a tempo parcial, e que posúan unha
    dispensa académica, tal e como establece a Normativa de permanencia desta
    universidade, serán avaliados en calquera oportunidade (primeira ou segunda)
    seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.








Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes