Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Norteamericana 1
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Literatura Norteamericana 1 Código 613G03024
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Nuñez Puente, Carolina
Correo electrónico
c.nunez@udc.es
Profesorado
Nuñez Puente, Carolina
Correo electrónico
c.nunez@udc.es
Web
Descrición xeral Introdución e estudo de textos representativos da literatura norteamericana, desde as súas orixes pre-coloniais ata fins do S. XIX.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Ningunha a non ser en caso de forza maior, no cal os contidos poderían reducirse e/ou adaptarse. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: Sesión maxistral, seminario, obradoiro, presentación oral, exercicios e ensaios. *Metodoloxías docentes que se modifican: As clases impartiranse a través de audios e/ou vídeos gravados en Moodle e/ou Microsoft Teams. Crearei un foro de debate ou un chat para discutir os temas do curso e un canal para subir os vídeos. Os exercicios e os ensaios enviaranse por email e/ou Moodle. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Email e/ou vídeo-tutoría en Teams. 4. Modificacións na avaliación: Vid. abaixo. *Observacións de avaliación: O exame realizarase a través de Moodle. Os exercicios, os ensaios e os vídeos recollerelos como se indicou arriba. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes