Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Gramática Inglesa
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Gramática Inglesa Código 613G03025
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Lezcano Gonzalez, Emma
Correo electrónico
emma.lezcano@udc.es
Profesorado
Crespo Garcia, Maria Begoña
Lezcano Gonzalez, Emma
Correo electrónico
begona.crespo.garcia@udc.es
emma.lezcano@udc.es
Web http://www.udc.es/filo
Descrición xeral Introdución ao estudo morfosintáctico das unidades léxicas e gramaticais da lingua inglesa fundamentalmente desde o punto de vista descriptivo aínda que tamén se abordará a súa práctica en uso a nivel avanzado. Nivel de competencia lingüística que se espera alcanzar: C1
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se prevén cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantéñense todas pero de xeito telemático a través de correo electrónico, Teams e Moodle, utilizando as ferramentas informáticas máis axeitadas para cada metodoloxía, respectando o horario de aulas e de titorías e sen aumentar a carga de traballo do alumnado. *Metodoloxías docentes que se modifican Na presentación oral o alumnado poderá escoller entre a modalidade orixinal (en parellas) ou cambiar á modalidade individual. Poderá ser gravada ou feita en directo a través de Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico: Consultarase de luns a venres. Moodle: En horario de aulas e en horario oficial de titorías. Teams: En horario de aulas e en horario oficial de titorías. Vídeo conferencia individual con cita previa. 4. Modificacións na avaliación Non se realizarán cambios nas porcentaxes establecidas. *Observacións de avaliación: A(s) proba(s) mixtas fara(n)se a través de Moodle ou Teams nas datas establecidas e de xeito síncrono preferentemente. No caso de fallos xerais no sistema ou problemas de conexión xustificados a profesora facilitará a proba por correo electrónico ou utilizará a vía telefónica se é preciso. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Dispoñerán dos materiais de traballo necesarios de maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes