Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Gramática Inglesa
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Docencia expositiva por parte do profesor requerindo, en ocasións, a participación do alumnado para desenvolver certos temas.
Lecturas Conxunto de referencias bibliográficas concretas (seccións de manuais, capítulos de libros, artigos, etc) seleccionados pola profesora para a preparación dos distintos contados da materia
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Traballos tutelados O alumnado terá que presentar por escrito e expoñer oralmente un traballo individual ou en grupo pequeno na data que se acorde. Os obxectivos, características, material de apoio e formato de presentación do traballo serán explicados na aula ao comezo do curso.
Presentación oral Consistirá na exposición oral do traballo tutelado ou de parte del. Se o traballo se fai en grupo o alumnado poderá desenvolver a capacidade de traballar de xeito colaborativo
Proba mixta Probas que integran preguntas abertas e preguntas obxectivas de resposta breve ou múltiple. Poderanse facer ao longo do curso ou nunha única proba final na data oficial proposta pola Facultade (esto último será obrigatorio no caso de que non se superen as probas mixtas feitas durante o curso).
Aprendizaxe colaborativa Realización de tarefas prácticas en grupo ou do traballo tutelado baixo a titorización e supervisión do profesor.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes