Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Poscolonial
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Para unha materia de literatura resulta esencial que cada estudante se responsabilice de ter feitas as lecturas asignadas para cada día antes de entrar na aula. Cada estudante deberá levar a cabo a lectura das fontes primarias (textos literarios), e tamén, en menor medida, de fontes secundarias de extensión reducida. Só se levarán a cabo lecturas en clase cando se trate de textos breves. O calendario detallado de lectura darase a coñecer na primeira clase da materia, pero as/os estudantes poden (e deben) adquirir e ler os DOUS textos longos de obrigada lectura que aparecen no apartado de FONTES DE INFORMACIÓN.
Sesión maxistral Neste tipo de sesións a docente explicará o contexto socio-histórico e cultural no que se inscriben os textos a analizar, se explorarán os conceptos teóricos más relevantes nos estudos poscoloniais e se proporcionarán pautas de análise textual. As sesións maxistrais levaranse a cabo nas clases co grupo grande, correspondentes á docencia expositiva (DE). De xeito ocasional, poderase organizar unha conferencia a cargo de expertas/os de outras universidades.
Discusión dirixida Nesta actividade, partindo dos textos e das explicacións da docente, se animará ao alumnado a participar por medio de preguntas ou temas de debate. Esta discusión dirixida pode complementar as sesións maxistrais nas clases de grupo grande (DE), aínda que se levará a cabo fundamentalmente nas clases interactivas de grupo intermedio (DI) e nos seminarios de grupo pequeno (TGR).
Proba de ensaio Estas probas ou exercicios de clase consisten na elaboración de ensaios breves en resposta a preguntas teórico-prácticas e se levarán a cabo fundamentalmente na aula, se recollerán e computarán a efectos de avaliación. Nos seminarios cos grupos pequenos (TGR) se procederá a explicar os erros e dúbidas máis relevantes dos exercicios recollidos en clase.
Proba mixta Estas probas finais, que se realizarán nas datas oficiais de exames (oportunidades de xuño e xullo), consistirán en preguntas de tipo teórico-práctico, e poden incluir preguntas breves así como exercicios máis longos e complexos (essay questions).
Solución de problemas Este tipo de metodoloxía atenderá ás dúbidas que xurdan das lecturas, debates, análises e probas. Estes problemas atenderanse nas titorías de grupo reducido (TGR) ou en titorías máis individualizadas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes