Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  Philosophy and Literature
   Methodologies
Methodologies Description
Critical bibliographical Trátase de elaborar un breve traballo sobre un texto literario (sexa cal sexa a súa extensión: un poema; un conto; unha novela; unha peza teatral...) elexido polo alumno e que este debe abordar desde unha perspectiva filosófica. O traballo incluirá: unha presentación do texto elexido (autor; xénero; breve descripción), a xustificación da súa elección (conexión con algunha/s das tres grandes partes da filosofía: ontoloxía, teoría do coñecemento e filosofía práctica), a análise do seu contido desde a perspectiva filosófica adoptada e unha valoración persoal.
Seminar O traballo do seminario analizará a significación filosófica da literatura, mediante a posta en común, análise e discusión de textos seleccionados para abordar os núcleos temáticos dos contidos. Constituirá, xunto coa sesión maxistral, o momento central do traballo na aula.
O seminario presupón dúas tarefas fóra da aula para o alumno. Por unha banda, a lectura previa dos textos propostos. Por outra, o comentario posterior de fragmentos extraídos de ditos textos. Propoñeranse ó alumno dous grupos de tres fragmentos cada un (o primeiro grupo corresponderá ó segundo bloque dos contidos; o segundo grupo, ó terceiro bloque); cada alumno seleccionará un fragmento de cada un dos grupos e entregará, polo tanto, un total de dous comentarios.
Mixed objective/subjective test Incluirá, por unha banda, unha cuestión sobre o libro de lectura obrigatoria, elexido polo alumno entre varias obras propostas polo profesor. Na proba mixta proporase ó alumno un fragmento de dito libro que ilustre un tema do mesmo. Por outra banda, o alumno terá que comentar un fragmento extraído dun dos textos traballados en seminario e respostar a unha cuestión teórica das abordadas na materia, tanto nas sesións maxistrais como nas sesións de seminario.
Guest lecture / keynote speech A sesión maxistral irá dirixida a introducir cada un dos temas abordados e a establecer o contexto teórico no que o alumno deberá, durante a lectura, insertar o texto obxecto de análise nas sesións de seminario. Ofrecerá, polo tanto, elementos relevantes para unha axeitada comprensión dos textos. Nalgúns casos recurrirá a documentos audiovisuais breves que contribúan a unha axeitada situación da problemática abordada.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes