Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Filosofía e Literatura
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A1 A2 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C3 C4 C6 C7 C8 A avaliación do traballo realizado polo alumno nas sesións de seminario realizarase atendendo tanto á cualificación dos dous comentarios como á participación do alumno no traballo colectivo da aula. Cada comentario poderá obter unha cualificación máxima de 1 pto.; en canto á participación individual do alumno nas sesións de seminario poderá ser calificada ata un máximo de 1 pto. 30
Recensión bilbiográfica A1 A2 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C4 C6 C7 C8 As características do traballo individual xa foron establecidas no apartado de Metodoloxías. Na avaliación do mesmo terase en conta a orixinalidade e pertinencia do enfoque (o texto literario elexido haberá de ser axeitado para unha lectura filosófica), o desenvolvemento argumentativo, a claridade e rigor da expresión, así coma a xustificación argumentada da valoración persoal. 20
Proba mixta A1 A2 A9 A10 A11 A14 B3 B5 B6 B7 C1 C4 Constará de tres apartados:
a) Cuestión sobre o libro de lectura obrigatoria, acompañada dun fragmento do mesmo. Cualificación máxima.- 1.5 ptos. (Propoñerase ós alumnos a posibilidade de adiantar a realización da proba lo libro de lectura, realizándoa durante o periodo lectivo.)
b) Comentario dun fragmento extraído dos textos de lectura. Cualificación máxima. 1.75 ptos.
c) Resposta a unha cuestión teórica dos contidos desenvolvidos na materia. Cualificación máxima.- 1.75 ptos.
50
Sesión maxistral A1 A2 A10 A11 A14 A15 B1 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C3 C4 C6 C7 C8 A cualificación da actividade académica desenvolvida nas sexións maxistrais está incorporada na da proba mixta, pois nesta o alumno haberá de demostrar a súa asimilación dos contidos abordados tanto nas sesións maxistrais como nos seminarios. 0
 
Observacións avaliación

A cualificación máxima da Proba Mixta, que representa o 50 % da cualificación total da materia, será de 5 ptos. Para superar a materia, a puntuación obtida na proba mixta non poderá ser inferior a 4 ptos. (sobre 10 ou, o que ven ser o mesmo, a 2 ptos. sobre os 5 que representan a cualificación máxima que pode obterse neste apartado da avaliación). O 50 % restante distribúese do seguinte xeito: un 20 % (cualificación máxima: 2 ptos.) corresponde á "Recensión bibliográfica", é dicir, ó traballo individual realizado polo alumno; un 20 % (cualificación máxima: 2 ptos.) corresponde ós dous comentarios que, sobre fragmentos traballados nos bloques 2º e 3º, o alumno haberá de elaborar (cada un deles recibirá, polo tanto, unha cualificación máxima de 1 pto.); un 10 % (cualificación máxima: 1 pto.) valorará a asistencia e participación do alumno durante as sesións presenciais.

Considerarase non presentado o alumno que non realice a Proba Mixta e, asemade, teña entregado menos do 50 % das actividades do curso.

Se o alumno non supera a materia na primeira oportunidad, terá que demostrar na segunda (Xullo) que foi quen de acadar a puntuación mínima (a metade da máxima) en aquelas partes da avaliación onde non o tivese logrado. Respecto ás restantes, manteñen a súa vixencia as cualificacións parciais obtidas na primeira oportunidade; cunha salvedade: o punto que, respecto á participación nos seminarios, se contempla na cualifiación será transferido ós apartados de "Recensión bibliográfica" (0.5 ptos.) e "Seminario" (0.5 ptos.).

O alumnado matriculado a tempo parcial e que tivese obtido unha dispensa académica deberá poñerse en contacto co profesor da materia, ó comenzo do curso, con vistas a planificar os axustes pertinentes, tida en conta a situación particular do alumno, na súa cualificación. En calqueira caso, o alumno deberá realizar a Proba Mixta, a Recensión bibliográfica e os comentarios. En canto ó punto que, respecto á participación nos seminarios, se contempla na avaliación será transferido ós apartados de "Recensión bibliográfica" (0.5 ptos.) e "Seminario" (0.5 ptos.).

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes