Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  A Literatura Inglesa e a súa Crítica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións do profesor para a explicación de temas teóricos: escolas críticas e a sua aplicabilidade.
Lecturas Lecturas das fontes do programa, moitas delas fotocopias de fontas diversas, que o alumnado debe realizar pola súa conta e ter feitas para participar nas clases prácticas da materia. As fotocopias se facilitarán con anterioridade. En canto aos dous textos literarios (Behn e Conrad), existen copias na biblioteca.
Traballos tutelados un ensaio académico individual de entre 6 y 8 páxinas a dobre espacio (incluindo a lista de obras citadas). Os temas posibles se indicarán durante o curso.
Presentación oral Unha presentación oral individual ou entre dúas ou tres persoas: exporase A) unha lectura/interpretación dun texto literario desde unha perspectiva crítica concreta; ou B) un resumo e analise explicativo dunha fonte teórica breve. Ante todo, os/as estudantes tentarán abrir un debate para continualo con toda a clase, que deberá propor alternativas á interpretación presentada
Proba mixta Proba evaluadora con preguntas de diferentes tipos que será deseñada para avaliar o 50 por cento da materia. A proba mixta pode incluir aspectos como preguntas de tipo test, preguntas para desenvolver, análisis prácticos de textos, etc.
Análise de fontes documentais Actividade na que os alumnos traballan sobre fontes documentais relevantes para a asignatura, xa sexan fontes primarias ou secundarias.
Discusión dirixida Discusións sobre aspectos da materia e intercambio de opinións nos grupos prácticos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes