Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  A Literatura Inglesa e a súa Crítica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A1 A2 A3 A6 A7 A15 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B10 Presentación elaborada por un, dous ou tres alumnos /as relacionada co programa da materia. 1 punto. De non poder facerse, o traballo escrito valdría 3 e non 2. 10
Proba mixta A1 A2 A3 A6 A7 Proba deseñada para avaliar esta materia nun 50 por cento da nota (5 puntos). Os alumnos/as deberán obter 4 sobre 10 puntos (2 de 5 en realidade) para poder facer media e aprobar. 50
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A6 A7 A15 Comentarios de texto feitos na clase. Se recollerán tres ou catro durante o curso. 2 puntos. 20
Traballos tutelados A1 A2 A3 A6 A15 A1 A2 A3 B1 B2 B3 B7 B8 B9 C6 C7 C8 Realizacion dun traballo individual que teña que ver con algún aspecto da materia. Un plaxio confirmado supón a non cualificación desta proba. 2 puntos
Desde 6 a 8 paxinas a dobre espacio. Debe ser entregado antes de que termine o periodo de clases.
20
 
Observacións avaliación
  • Nesta
    materia valorarase especialmente o coñecemento dos principios básicos de cada
    escola crítica literaria, e, tamén, a capacidade de analizar razoadamente,
    empregando eses coñecementos teóricos básicos, dous textos literarios ingleses.
  • A nota
    final ha de ser igual a 5 para poder aprobar a materia. Os alumnos/as deberán
    obter tamén un mínimo de 2 sobre 5 puntos no exame, e de 2 sobre 5 na
    avaliación continua.
  • Plaxiar nos traballos invalida o traballo. Temos aplicacións como "Turnitin" para facilitar a detección de citas incorrectas, plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranse
    as normas contra o plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das
    cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario). "Turnitin" recoñece traballos previamente
    realizados por outras persoas (ou polo/a propio/a estudante) nesta universidade
    ou noutras, ademais doutros materiais localizados en Internet.
  • Os alumnos/as
    que non fagan traballos, exposicións orais ou comentarios de texto non terán
    notas de avaliación continua. É necesario obter 2 puntos e deberán recuperalos
    na convocatoria de recuperación ou de segunda oportunidade, aínda que teñan 5
    de 5 puntos no exame de primeira oportunidade, algo que obviamente non é doado.
  • A única
    lingua empregada en clase, traballos e exames será o inglés. As faltas de
    expresión graves (non de estilo) en lingua inglesa mermarán a nota en calquera
    actividade. Por tanto recoméndase que os alumnos/as se esmeren na redacción e
    revísena. Tampouco se permitirán plaxio de fontes escritas ou dixitais en
    exames ou traballos. Os alumnos deben adquirir competencia literaria propia en
    certa medida, aínda que é lóxico que os comentarios e interpretacións do
    profesor subexistan tras a devandita competencia.
  • Cando ou
    alumno/a, por circunstancias varias (enfermidade xustificada, dispensa, etc.),
    non poida facer a presentación oral, sempre poderá entregar un segundo traballo
    por escrito antes do exame de primeira oportunidade para que a actividade
    compute entón 2 puntos sobre 10.
  • Os alumnos/as
    que asistan e participen durante ou curso na avaliación continua non poderán
    ser considerados como non presentados a partir da realización dun 25 % das
    actividades.
  • Aqueles
    alumnos que oficialmente fosen matriculados a tempo parcial, e que posúan unha
    dispensa académica, tal e como establece a Normativa de permanencia desta
    universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos
    criterios que para a segunda oportunidade de xullo. Os alumnos a tempo parcial
    con dispensa académica, deberán falar co profesor durante as dúas primeiras
    semanas para buscar alternativas á avaliación continua.
  • Os alumnos
    que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as
    normas especificadas para a oportunidade de xullo.
  • A
    avaliación da oportunidade de xullo divídese da forma seguinte: 50% exame
    final   50% actividades que substituirán
    o traballo da avaliación continua.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes