Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  Modern Language 3: French
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Objective test A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 Probas escritas da parte práctica e da parte teórico-práctica que o-a estudante realizará nas datas oficiais marcadas polo centro ao rematar o cuadrimestre.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
42
Speaking test A8 A10 A15 B4 B6 B7 B8 C2 Proba oral que o-a estudante realizará ao rematar o cuadrimestre.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
12
Problem solving A8 A10 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C2 Actividades da parte teórico-práctica (contidos gramaticais, expresión escrita e comprensión lectora).
Inclúe a valoración da asistencia ás aulas.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
30
Directed discussion A8 A10 A15 B1 B3 B4 B6 B7 B8 C2 Actividades da parte práctica (léxico, expresión oral, comprensión oral, interacción oral).
Inclúe a valoración da asistencia ás aulas.
Ver en "Observacións avaliación" precisións e ponderacións máis detalladas.
16
 
Assessment comments

LEA ATENTAMENTE A INFORMACIÓN QUE SEGUE:

1. O alumnado ten dúas oportunidades para aprobar a materia: a primeira ao remate do segundo cuadrimestre e a segunda no mes de xullo. As datas oficiais deben ser contrastadas polo alumnado nos taboleiros oficiais ou na páxina web do centro inmediatamente antes de cada período de exames.

2. A materia está dividida en 2 partes: teórico-práctica [contidos gramaticais, comprensión lectora, expresión escrita] (60% da nota final) e práctica [léxico, expresión, comprensión e interacción oral] (40% da nota final). É necesario obter unha nota mínima global de 5 sobre 10 en cada parte para superar a totalidade da materia. No caso de aprobar só unha parte da materia na primeira oportunidade conservaríase a nota para a segunda oportunidade de xullo.

2.1. En cada parte da materia é obrigatorio realizar e obter unha nota mínima de 5 sobre 10 nunha proba final escrita ao remate do 2º cuadrimestre (na data, hora e lugar recollidos no calendario oficial de exames da facultade).

2.2. Na parte práctica será ademáis obrigatorio realizar e aprobar cunha nota mínima de 5 sobre 10 unha proba oral final, que se realizará ao remate do 2º cuadrimestre. O profesorado comunicará públicamente a data, hora e lugar de realización deste exame oral.

2.3. En cada parte da materia é obrigatorio realizar un conxunto de exercicios ou tarefas de práctica de todas as destrezas obxecto da materia. Normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar un exercicio non presencial. Agás causa xustificada e sempre con autorización expresa do profesorado, non se admitirán as actividades entregadas fóra do prazo determinado para cada unha delas. Para que estas actividades poidan ser tidas en conta na cualificación final é preciso ter realizado e aprobado, antes da realización do exame da primeira oportunidade, o 75% das actividades programadas e obter unha nota media de 5 sobre 10.

3. Tendo en conta o anteriormente exposto, a cualificación final do alumnado responderá ao seguinte reparto porcentual:

3.1. Parte teórico-práctica (60% da cualificación final):

a) Un 50% da nota valorará o exame escrito (debe cumprir os requisitos do apartado 2.1).

b) Un 45% valorará as actividades (deben cumprir os requisitos do apartado 2.3).

c) Un 5% corresponderá á asistencia regular ás actividades presenciais e á valoración que mereza por parte do profesorado a participación do alumnado nas distintas actividades presenciais ou non presenciais.

Esta parte considérase aprobada se a suma dos apartados a, b, c é igual ou superior a 5 sobre 10.

Os contidos e destrezas dos apartados a, b desta parte da materia son recuperables, coas mesmas porcentaxes, na segunda oportunidade de xullo (ver apartado 4).

3.2. Parte práctica (40% da cualificación final):

a) Un 30% valorará o exame escrito (debe cumprir os requisitos do apartado 2.1).

b) Un 30% valorará o exame oral (debe cumprir os requisitos do apartado 2.2).

c) Un 35% valorará as actividades (deben cumprir os requisitos do apartado 2.3).

d) Un 5% corresponderá á asistencia regular ás actividades presenciais e á valoración que mereza por parte do profesorado a participación do alumnado nas distintas actividades presenciais ou non presenciais.

Esta parte considérase aprobada se a suma dos apartados a, b, c, d é igual ou superior a 5 sobre 10.

Os contidos e destrezas dos apartados a, b, c son recuperables, coas mesmas porcentaxes, na segunda oportunidade de xullo (ver apartado 4).

4. O alumno-a alumna que na primeira oportunidade non supere globalmente a materia segundo os criterios anteriormente expostos poderá recuperala totalmente ou parcialmente na oportunidade de xullo (na data, hora e lugar recollidos no calendario oficial de exames da facultade) segundo as porcentaxes e criterios expresados máis arriba.

4.1. De suspender a materia na primeira oportunidade por non acadar a puntuación mínima nos exames escritos ou no exame oral, deberá facelo(s) de novo na segunda oportunidade. A data, lugar e hora de realización do exame oral da segunda oportunidade comunicarase durante a realización do exame escrito.

4.2. De suspender a materia na primeira oportunidade por non acadar a puntuación mínima nas actividades, deberá realizar para a segunda oportunidade unha serie de tarefas substitutivas nas que terá que demostrar ter acadado as competencias da materia nas distintas destrezas. O profesorado da materia fará públicas xunto coas notas da oportunidade de xuño de 2020 as instrucións correspondentes (actividades asignadas, datas de recollida e entrega, etc.).

4.3. De suspender a materia na primeira oportunidade e ter unha puntuación de 0 punto no apartado de asistencia en cada parte da materia, a porcentaxe asignada a este apartado (5%) engadirase a unha das partes que haxa que recuperar, nesta orde de prelación: a) exame escrito; b) actividades; c) exame oral.

5. Na convocatoria extraordinaria de decembro o alumnado será avaliado das súas competencias nas distintas destrezas da materia mediante unha proba escrita teórico-práctica (nota mínima de 5 sobre 10; 60% da nota final) e unha proba oral (nota mínima de 5 sobre 10; 40% da nota final).

6. En cada oportunidade de avaliación o alumno-a alumna recibirá a cualificación NP de se dar simultaneamente estas dúas situacións: se non se presentar a ningunha das probas oficiais de avaliación (escritas e oral) e se o número de actividades presentadas for igual ou inferior ao 25% das programadas en cada parte da materia.

7.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia pode, sen asistir ás aulas, realizar
e entregar as actividades programadas segundo o disposto no apartado
2.3 (as actividades presenciais serán substituidas por outras non
presenciais equivalentes). En caso contrario, aplicaráselle o
establecido no apartado 4.2. En calquera caso, a porcentaxe asignada en
cada parte da materia á asistencia (5%) reasignarase como se indica no
apartado 4.3.
O alumnado que teña oficialmente recoñecida a
dispensa académica de exención de asistencia deberá acreditalo
documentalmente á profesora coordinadora da materia antes do mes de marzo do presente curso.

8. Os traballos académicos
presentados polo alumnado da materia poderán ser incorporados á base de
datos dunha ferramenta de detección de plaxio ou de presentación do
mesmo exercicio en varias materias. De se producir algunha destas circunstancias
poderanse activar as medidas recollidas nas "Normas de avaliación,
revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado
universitario" da UDC.

9. Nos casos non contemplados anteriormente
aplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación
das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes