Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Linguaxe. Discurso e Comunicación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Por "obradoiro" enténdese a sesión interactiva fundamentalmente participativa. Pode incluir discusión aberta ou dirixida das lecturas, traballo en grupo, debate e posta en común, resolución de problemas ou perguntas, pesquisa de material, etc. Pode incluir diversas actividades e tarefas avaliábeis, algunha(s) das cais poden requerir a guía do profesor. Estas actividades realizaránse fundamentalmente fora das horas presenciais, mais non se exclue que se poda dedicar tempo das sesións interactivas para traballar nelas, individual ou colectivamente.
Lecturas Lectura e estudo obrigatorio de materiais específicos (artigos ou capítulos de libros) disponibilizado polo profesor. As lecturas deberán facerse, como será indicado, antes da sesión na cal se tratarán os seus conteúdos. Os conteúdos das lecturas entrarán nas sesións expositivas e, sobre todo, nas interactivas, onde o estudantado deberá de mostrar o traballo feito sobre elas e buscar aclaración dos aspectos dubidosos ou non comprendidos. Na base dalgunha das leituras deberá realizarse un informe detallado avaliábel, segundo un formato indicado polo profesor (guión, resumo, pontos destacábeis, etc.).
Proba mixta Proba teórico-prática sobre todo o material do curso, incluindo lecturas, sesións expositivas e interactivas, materiais audiovisuais utilizados, debates xerais, posíbeis presentacións, etc.
Sesión maxistral Por "sesión maxistral" enténdese a sesión de exposición polo profesor dos principais conteúdos de cada tema ou apartado. As sesións expositivas non deben ser vistas como substitución do traballo autónomo de lectura e aprendizaxe que debe facer o estudantado. As sesións de exposición incluen amplo espazo para a formulación de perguntas ou cuestións específicas polo estudantado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes