Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  Language, Discourse and Communication
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Guest lecture / keynote speech A1 A3 B3 C6 Reférese ao cómputo da asistencia obrigatoria ás sesións xerais de exposición. 10
Mixed objective/subjective test A1 A3 B1 C6 Reférese á nota obtida na proba final obrigatoria. 40
Workshop A1 A2 A3 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C6 Reférese á realización das tarefas descritas na metodoloxía correspondente (Obradoiro). Inclúe o cómputo da asistencia obrigatoria ás sesións interactivas onde se poñen en común estas tarefas, e á participación activa nelas. 30
Workbook A1 A3 B1 Reférese ao seguimento do traballo de lectura, como se mostra nas actividades interactivas das aulas. Poderá incluir a elaboración dun informe detallado dunha lectura asignada. A actividade deberá ser entregada obrigatoriamente tamén en formato electrónico. 20
 
Assessment comments

1) A asistencia ás sesións presenciais de calquer tipo é obrigatoria e avaliábel.

2) A participación activa compútase dentro do apartado do Obradoiro.

3) Haberá duas oportunidades de avaliación. Na primeira oportunidade, as actividades entregadas fora de prazo poderán non ser aceptadas (isto é, avaliábeis con 0), e entrarán, no seu caso, no cómputo da segunda oportunidade.

4) Para o cálculo da nota final (e portanto para o curso poder ser completado e superado), a/o estudante deberá obter polo menos unha nota de 4 na Proba final.

5) Para ter superada a materia (en primeira ou segunda oportunidade) deberá obterse unha nota de 5 globalmente (unha vez cumprido o requerimento do 4 na Proba). Caso de non obter o mínimo de 4 na Proba, mais a media aritmética superar o 4,5, nas Actas consignará-se 4,5, Suspenso. Isto non significa que a materia está "case aprobada", mais é só indicativo da necesidade de recuperar o exame e/ou as actividades que se indicaren.

6) Na segunda oportunidade de xullo, no período estabelecido pola UDC, poderá recuperarse o exame (non efectuado, ou suspenso) e/ou o capítulo das actividades (apartado Obradoiro, e/ou actividades referidas a Lecturas). O profesorado indicará no seu momento as actividades substitutivas de recuperación que deberán ser realizadas.

7) Dado o carácter mixto e compreensivo da avaliación (asistencia, actividades e proba final), consideraráse "Non presentado": a) non asistir á proba final en nengunha das oportunidades; e, simultáneamente, b) non ter entregado actividades por polo menos a metade da percentaxe asignada ao apartado de actividades (Obradoiro e Lecturas). En sentido contrario, a entrega de actividades avaliábeis cuxo peso supere a metade da percentaxe do apartado (por exemplo, 2 actividades sobre 3) determinará automáticamente a asignación dunha nota final, a pesar da inasistencia á(s) proba(s).

8) O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica deberá porse en contacto co profesor durante as dúas primeiras semanas do curso. A distribución porcentual dos apartados excluindo a asistencia será axustada da
seguinte maneira: Obradoiro, 25%; Lecturas, 25%; Proba mixta, 50%.

9) Para a convocatoria adiantada de decembro rexerán os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo, excepto no correspondente aos apartados onde a asistencia é fundamental (Obradoiro e Sesión maxistral), que non serán considerados. A distribución porcentual dos restantes apartados será axustada da seguinte maneira: Obradoiro, 25%; Lecturas, 25%; Proba mixta, 50%.

10) O plaxio, copia ou calquer outra práctica fraudulenta na elaboración dunha actividade ou tarefa, ou na realización da Proba mixta, acarretará automaticamente un cero (0) nese apartado (Obradoiro, ou Proba mixta), alén de estar suxeito a sanción disciplinar por parte da Universidade, incluindo a posibilidade da expulsión da mesma.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes