Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Norteamericana 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A1 A2 A6 A15 B4 B5 B8 B10 C2 C4 C7 Nestas actividades o/a estudante amosará o seu grado de comprensión e aproveitamento das lecturas encomendadas; daquela, valorarase a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados. Tamén se avaliarán as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión en lingua inglesa. Este apartado da avaliación prestará especial atención á actitude colaborativa e participativa do/a estudante. 10
Proba mixta A2 A6 A15 A16 B7 C2 Neste tipo de actividade o/a estudante amosará o seu grado de comprensión e aproveitamento das lecturas encomendadas, por medio do comentario e análise textual, polo que se valorará a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados. Tamén se valorarán tanto os coñecementos teóricos adquiridos como a capacidade do alumnado que aplicar os devanditos coñecementos á práctica. Por último, nestas probas finais se avaliarán as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión escrita en lingua inglesa. Estes exames poden combinar preguntas de resposta breve ("objective test") con outras preguntas a desenvolver (essay questions; "subjective" test). 40
Proba de ensaio A1 A2 A6 A9 A10 A11 A15 A16 A17 B1 B5 B6 C2 Estos ensaios estarán repartidos ao longo do curso; alguns se levarán a cabo na clase e outros, máis longos, fóra das áulas. Ademáis de ter realizado as lecturas e de ter atendido ás explicacións do/da docente, cada estudante amosará o seu grado de comprensión e aproveitamento das devanditas explicacións e lecturas nestos ensaios. Na avaliación destas probas escritas, terase en conta especialmente a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados ou os conceptos baixo estudo. Tamén se valorarán as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión escrita. 50
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, a suma das distintas probas, traballos e demáis actividades avaliables terá que superar o 5 sobre 10. Para realizar a suma dos distintos aspectos avaliables, o/a estudante deberá acadar alomenos 4 sobre 10 en cada un dos tres apartados de avaliación. As/os estudantes que non realizaran os exercicios escritos e actividades orais durante o curso (course work) terán que recuperalos en xullo (vid. oportunidade de xullo). A participación dinámica nas diferentes tarefas da clase, así como toda actividade adicional de "extra-credit" que o alumnado realice ao longo do cuatrimestre, poderá supoñer ata un 5% extra na nota final. Isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas ou calquera outra actividade proposta polo profesorado ou polo alumnado e aceptada por ambos.

Plaxio: para a evaluación do traballo do alumno, prestarase
atención a posibles casos de plaxio, empregando, si fose necesario,
aplicación como TURNITIN o entrevistando os alumnos en torno o seu
traballo escrito.

CUALIFICACIÓN DE "NON PRESENTADO": Aquel(a) estudante que non se presente á proba final e/ou non teña realizado traballo igual ou superior ao 50% do resto das categorías de avaliación acadará a cualificación de NP.

AVALIACIÓN DE XULLO: Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 sobre 10 en cada un dos tres apartados de avaliación, aínda que a nota media sexa superior a 5, terán que ir á segunda oportunidade (xullo), na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as competencias da materia mediante a superación das seguintes probas: 40% da proba mixta (semellante á proba final de xaneiro), 50% de proba de ensaio, e mais 10% de actividades dirixidas (exercicios escritos).

O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de decembro avaliarase segundo as normas especificadas para a segunda oportunidade (xullo).

ESTUDANTES CON DISPENSA: Aquelas/es estudiantes que estean matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade (xullo).

Atención á diversidade: Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro (Facultade de Filoloxía) para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI na dirección de e-mail adi@udc.es.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes