Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Inglesa (Séculos XVIII e XIX
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A9 A10 A11 Duas probas (unha hacia metade do curso; outra na data asignada para o exame final) nas que o alumnado deberá amosar o seu dominio nos contidos e destrezas traballados nas sesión maxistrais e tamén nos grupos reducidos e semanarios. Deberase acadar unha cualificación mínima de 4 sobre 10 en cada unha das duas probas para que a nota resultante poida ser sumada á obtida no resto das actividades avaliables 50
Traballos tutelados A1 A6 A7 B1 B2 B5 B6 B7 Traballos puntuables de diverso tipo. 40
Discusión dirixida A2 A3 A8 B4 B10 O profesor valorará o traballo dos estudantes a diario e o seu compromiso. Teráse en conta a participación activa e a atención prestada. 10
 
Observacións avaliación

Na oportunidade de xullo os alunos/as realizarán un traballo sobre os textos de estudo (4-6 páxinas e 50% da nota) e o exame (50% da nota). 

Aqueles alunos/as que o longo do curso presentaran traballos satisfactoriamente non teñen que presentar ningun traballo adicional. 

A aplicación Turnitin sera utilizada para verificar a orixinalidade dos traballos.  Turnitin  detecta citas incorrectas,
plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranse as normas contra
o plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e mestrado universitario). Turnitin
recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/a
propio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais
localizados en Internet.

Os alumnos/as que non se presenten ás probas obxectivas da primeira ou segunda oportunidade acadarán a cualificación de Non Presentado se non entregaron mais do 50% das actividades avaliables durante o curso. 

Segundo as directrices do Vicerreitorado de Organización Académica e Titulacións, os alunos/as que suspendan na primeira oportunidade e non se presenten á segunda oportunidade de xullo, figurarán coa nota de "suspenso".

Os alumnos/as oficialmente matriculados a tempo parcial e que teñan concedida unha dispensa académica como establece a normativa de permanencia desta Universidade, serán avaliados en calquera oportunidade segundo os criterios especificados para a segunda oportunidade.

Os alumnos que se presenten a convocatoria adiantada de decembro availaranse segundo as normas da oportunidade de xullo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes