Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa e os seus Usos 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A2 A6 A9 A10 A15 A proba de ensayo y desarrollo constará de unha proposta de redacción de distintos tipos de texto dos tipos tratados y practicados nas clases tanto teóricas como prácticas. Terase en conta a organización da información, o vocabulario utilizado y tamén o estilo final. 40
Proba mixta A6 A9 A10 A15 A18 A20 C2 Compretar distintos tipos de exercicios; discriminar usos e significados; explicar diferencias de uso; transformar oracións. 35
Traballos tutelados A2 A6 A10 A15 A18 A20 B1 B2 B6 B7 C2 C3 C7 Tarefas escritas sobre temas diversos relacionados co que se traballa na aula. Resumos e presentacións. 25
 
Observacións avaliación

1. Entrega de traballos
tutelados (tarefas escritas):   É necesario entregar todos os traballos especificados
polos profesores para poder optar a que se sumen o resto das notas.
Penalizaranse os traballos entregados tarde sen xustificación axeitada.

2.
Terás que asinar en cada sesión (grupo grande, interactiva e reducida).
A asistencia regular é un indicador do interese pola materia, á parte
de ser necesaria para poder progresar.

3. Proba mixta: data aprobada por Xunta de Facultade (primeira oportunidade ao finalizar o cuadrimestre). Esta data non é negociable.

4. A segunda oportunidade, en xullo, segundo o calendario aprobado por Xunta de Facultade,
consistirá en repetir la(s) parte(s) da avaliación non aprobada(s). Se o
alumno suspende a parte dos traballos tutelados, debe presentar  NOVOS traballos. As especificacións publicaranse enMoodle, con datas de entrega durante o segundo cuadrimestre, e antes do comezo do período de exames. 

5.
A oportunidade de xullo non é para mellorar nota nas partes da
avaliación xa aprobadas; soamente é para recuperar la(s) parte(s) non
aprobada(s).

6. Non se pode superar a
materia sen aprobar cada unha das partes descritas da avaliación cunha
cualificación mínima de 5 puntos

sobre 10.

7. Obterá unha cualificación de "non presentado"
aquel/a estudante que non se presente a ningunha das  probas  e que tampouco realizase os traballos
tutelados.

8. Aqueles alumnos que oficialmente fosen matriculados a
tempo parcial, e que posúan unha dispensa académica, tal e como
establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados
en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a
segunda oportunidade de xullo.

9. Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de
decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de
xullo.

10. Os alumnos/ás que suspendan na
primeira oportunidade e non se presenten á segunda oportunidade de
xullo terán a nota de suspenso.

11.  Para máis detalles, véxanse --Recomendacións--.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes