Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Historia da Lingua Inglesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A2 A3 A6 A9 A15 A17 A18 A19 A20 A21 B7 C2 Todos os estudantes deberán facer un exame final na data oficial de Xaneiro. A nota mínima de este exame será de 4 (de 10) para tela en conta e sumar o resto das cualificacións. 50
Seminario A1 A2 A6 A10 A15 A18 B4 C2 C4 Os estudantes poderán ter que resolver algún problema ou facer un test na aula, na casa ou a través da plataforma Moodle. 30
Lecturas A11 A14 Os estudantes poderán ser avaliados por algunhas actividades relacionadas coas lecturas a desenvolver na aula ou na casa. 20
 
Observacións avaliación

Os estudantes serán avaliados ao longo do curso cun máximo de 4 actividades así
como co exame final.

Para aprobar,
os estudantes deben ter unha cualificación de  alomenos 4 (de 10) no exame
final. Tamén deben  ter realizado e aprobado alomenos a metade das
actividades necesarias.



Aplicarase
unha penalización do 25% sobre a cualificación final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causa
xustificada. 

Os traballos con evidencia de plaxio serán calificados automáticamente cun 0. Para este fin poderá usarse a aplicación Turnitin, que recoñece traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. 

Tamén se baixará a nota no caso de non ter un uso da lingua inglesa adecuado ao nivel de 4º de grao segundo a memoria de verificación.

Os
alumnos/as que non se presenten o día das probas obxectivas de xaneiro ou xullo acadarán a cualificación de NP, se non
entregaron máis do 50% de actividades durante o curso.

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

 

AVALIACIÓN
XULLO:

 Os
estudantes que non superen a materia en xaneiro terán outra oportunidade en xullo na que se terá en conta o  exame final (50%) así como unha actividade (50%). Os
estudantes que teñan superado as actividades de avaliación continua previamente non terán que facela.

 Aqueles
alumnos que oficialmente teñan sido matriculados a tempo parcial e teñan concedida unha dispensa académica como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.

Os estudantes a tempo parcial que teñan concedida unha "dispensa académica" deben contactar cola profesora ao comezo do cuatrimestre  para facer os axustes precisos nas distintas actividades.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes