Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  English Studies
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición oral por parte da profesora complementada, se procede, co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Workshop Constituirá o método de traballo fundamental nas sesións presenciais. No obradoiro combinaranse distintas metodoloxías (estudos de caso, solución de problemas, discusións dirixidas, probas de distinto tipo, etc.) e desenvolveranse tarefas eminentemente prácticas co apoio e supervisión da profesora na maior parte dos casos, co fin de asentar os contidos aprendidos mediante a súa aplicación.
Workbook Conxunto de referencias bibliográficas concretas (seccións de manuais, capítulos de libros, artigos, etc) seleccionados pola profesora para a preparación dos distintos contidos da materia.
Document analysis Nesta materia esta metodoloxía correspóndese co comentario ou análise oracional ou discursivo de textos para ilustrar ou aplicar parte dos contidos da materia.
Supervised projects O alumnado terá que presentar por escrito e expoñer oralmente un traballo individual ou en parellas na data que se acorde. Os obxectivos, características, material de apoio e formato de presentación do traballo serán explicados na aula ao comezo do curso. En liñas xerais tratarase de facer un estudo descriptivo sobre un tema específico relacionado cos contidos da materia, no que poderán ter cabida a proposta de actividades prácticas, posibles estudos de lingüística de corpus ou a aplicación dos contidos ao ensino da materia ou a outras materias da titulación. O traballo se levará a cabo baixo a tutela da profesora.
Oral presentation Consistirá na exposición oral do traballo tutelado. Se o traballo se fai en parellas, o alumnado poderá desenvolver a capacidade de traballar de xeito colaborativo.
Mixed objective/subjective test Probas que integran preguntas abertas e preguntas obxectivas de resposta breve ou múltiple. Poderanse facer ao longo do curso ou nunha única proba final na data oficial proposta pola Facultade (esto último será obrigatorio no caso de que non se superen as probas mixtas feitas durante o curso).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes