Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Estudos de Lingua Inglesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A6 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 Como complemento do traballo tutelado, neste caso, ademáis dos contidos e a orixinalidade do traballo, valorarase a corrección lingüística e expositiva e o manexo de distintas ferramentas para a exposición oral. 10
Traballos tutelados A1 A9 A11 A14 A15 A18 A19 A20 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C6 Valorarase tanto os coñecementos adquiridos como a orixinalidade dos enfoques e das aportacións e a corrección da expresión escrita. 20
Obradoiro A2 A6 A9 A10 A11 A15 B4 C2 Ao longo do curso recolleranse ou avaliaranse na aula exercicios, pequenas actividades ou probas relacionadas co exposto nas sesións maxistrais e traballado nos obradoiros ou en relación coas lecturas recomendadas. Poderanse facer en datas fixadas con antelación ou sen previo aviso. A participación activa nas aulas de DI ou TGR terase en conta tamén na avaliación final deste bloque (5%). 20
Proba mixta A1 A2 A3 A6 A9 A10 A11 A15 A18 B6 C2 Probas parcias ao longo do curso OU proba final que se fará na data oficial marcada pola Facultade. Será obrigatorio facer a proba final se non se superaron as probas parciais durante o curso. 50
 
Observacións avaliación

IMPORTANTE: Para superar a materia, a suma da proba final, o traballo tutelado, a presentación oral e demáis actividades avaliables deberá ser 5
sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima de cada unha das partes (actividades do obradoiro/ traballo tutelado e exposición oral do mesmo/proba mixta final) deberá ser de 4 puntos sobre 10.

Aplicarase unha penalización sobre a cualificación
final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo
sen causa xustificada.

 Os traballos con evidencia de plaxio serán calificados automáticamente cun 0. Para este fin poderá usarse a aplicación Turnitin, que recoñece traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. 

A participación dinámica extraordinaria nas diferentes tarefas da clase,
así como todo o material de "extra-credit" que o alumnado realice ao
longo do cuatrimestre, poderá supoñer ata un 5% extra na nota final. Isto inclúe
traballos voluntarios, lecturas alternativas ou calquera outra actividade
proposta polo profesorado, ou proposta polo alumnado e aceptada polo
profesorado.

Os alumnos/as que non se presenten o día das
probas obxectivas de xuño ou xullo acadarán a cualificación de NP, se
non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso.

AS DATAS DO TRABALLO TUTELADO, PRESENTACIÓN ORAL E PROBA MIXTA serán anunciadas con moita anticipación.

AVALIACIÓN
XULLO:
 Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 en cada un dos bloques avaliables (aínda que a nota media sexa superior a 5) terán que ir á oportunidade de xullo, na que poderán recuperar as partes suspensas según a seguinte distribución de porcentaxes:  entrega dun traballo tutelado escrito, que defenderán cunha exposición oral (30%), entrega de actividades escritas semellantes ás avaliadas ao longo do curso (20%) e proba mixta sobre os contidos do curso (50%).

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de DECEMBRO avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que
teña concedida unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa desta
universidade, será avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os
mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.

Atención á
diversidade
: Existe
unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os
membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da
discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación
maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro para
acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI
en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na
dirección de email adi@udc.es.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes