Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Inglesa (Séculos XX e XXI)
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A1 A3 A6 A11 A16 B4 B7 B10 C2 C6 Debates e participación dos alumnos na aula. A non participación dun xeito continuado ou a resposta incorrecta tamén dun xeito continuado ás posibles cuestións, serán interpretadas como negativas nun 20 por cento da nota. Deste xeito, un alumno que non acade ningún punto nesta parte non poderá superar a nota de 8. 20
Proba mixta A1 A6 A10 A11 A12 A16 A17 B1 B5 B10 C2 Examen final teórico (modelo test) y con una parte práctica. 50
Traballos tutelados A1 A2 A3 A6 A14 A15 A16 A17 B2 B5 B8 B9 B10 C5 C6 Traballos diversos nos grupos de práctica de carácter semanal. Un traballo longo con presentación oral na clase. 30
 
Observacións avaliación

OBSERVACIÓNS MOI IMPORTANTES
Norma previa. Con carácter xeral, é necesario alcanzar un 4 en calquera das probas para que sexa tida en conta e sume co resto. Salvo a participación en clase, a proba que non alcance a nota especificada en xuño recuperarase en xullo, polo que a nota media da materia que apareza en xuño non poderá superar en ningún caso os 4,9 puntos, ata que esa parte da materia sexa recuperada. O resto das cualificacións obtidas serán conservadas até xullo. Os alumnos que non acudan á proba obxectiva, coñecida aquí como "proba mixta" (test, máis pregunta longa final, na que o test computa o 60 por cento e a pregunta longa o 40 por cento), en calquera das dúas oportunidades, e/ou aqueles alumnos/as cuxo traballo de curso (traballos e participación) represente unha porcentaxe inferior ao 50 %, recibirán a calificación de Non presentado (NP). Os/as alumnos/as que si realizasen a proba mixta e non a superaran, recibirán a nota numérica correspondente, e a cualificación de Suspenso. 

A oportunidade de xullo, ou segunda oportunidade, constará tamén dunha proba escrita, mixta, como a anterior, con contidos teóricos e prácticos da materia. Esta proba computará como máximo o 50 por cento da nota final. O outro 50 % da oportunidade de xullo obterase a través dos traballos puntuais que se especificarán no seu momento e que ha de entregar o examinando (un traballo de 5-7 páxinas) o mesmo día da celebración da proba mixta ou obxectiva á que faciamos referencia. 

Quien tenga concedida la dispensa académica, y como
establece la Normativa de permanencia de la universidad, será evaluado
siguiendo los criterios aplicables a la oportunidad de julio.Os alumnos matriculados a tempo parcial, que obtivesen unha 'Dispensa académica', deberán contactar cos profesores da materia sempre ao empezar o curso, en ningún caso mediado o ano, e, baixo ningún concepto ao final do mesmo. 

Non se variarán as condicións de avaliación a aqueles alumnos que, con carácter xeral, non certificasen previamente a imposibilidade de asistir regularmente ás clases ou os que, no seu caso, optasen por solicitar dispénsaa académica. Os profesores planificarán en todos eses casos a adaptación curricular para eses alumnos, con referencia tanto ás probas obxectivas como aos traballos que han de entregar ou actividades evaluativas que haxan de levar a cabo. Igualmente estableceranse normas para substituír as porcentaxes daquelas actividades que se deriven da asistencia regular a clase, e que, nestes casos, non poderían realizarse. 

Os alumnos que sigan a materia sen dispensa académica ou sen xustificacións documentais concretas que aconsellen a súa menor asistencia ás clases deberán cumprir, polo menos, un 90% das sesións presenciais da materia. O profesor poderá arbitrar a non posibilidade de examinar na primeira oportunidade a un alumno sen dispensa que non alcanzase o 90 por cento de asistencia a clase. 

Os ensaios, traballos ou actividades, incluíndo os que se realicen durante o curso e/ou en clase, nos que se comprobe e demostre por parte do profesor a existencia de plaxio (copia), de fontes calquera, total ou parcialmente, serán cualificados invariablemente coa cualificación de 0.0 puntos, sen posibilidade de que dita cualificación sexa modificada pola realización dunha proba idéntica en substitución da proba obxecto do plaxio.   

Os alumnos que se presentan á convocatoria
adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a
oportunidade de xullo.

A avaliación dos traballos escritos de calquera tipo entenderase de acordo ao seguinte baremo. 

Un ensaio correctamente escrito, pero sen profundidade de análise, contextualización e que demostre un adecuado e maduro coñecemento literario non poderá ser considerado aprobado.

a) Profundidade da análise, madurez e coherencia... 4 puntos 

b) Compresión literaria e contextualización......... 3 puntos 

c) Estilo, orixinalidade e creatividade............. 2 puntos 

d) Corrección gramatical.............................1 punto
 

A lectura das obras non é computable na nota, senón que resulta conditio sine qua non para ser avaliado/a.

As probas orais desta materia redúcense á participación en clase e aos debates, no seu caso, que supoñen como máximo un 20 por cento da nota final. Non se realizará ningunha proba oral nin presentación oral nesta materia nin durante as clases nin ao final, nin individual nin colectiva. As probas fundamentais serán sempre escritas.

O estudantado a tempo parcial e completo será examinado segundo os criterios da convocatoria de xullo.

"Turnitin
é unha aplicación de uso para o profesorado coa finalidade de revisar
porcións de texto procedentes doutros textos e sinalar a súa
procedencia. É unha boa ferramenta para detectar o plaxio.

O seu uso é opcional, pero
deberá advertirse ao estudantado na guía docente xa que pode recoñecer
traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades,
incluso do mesmo estudante.

Se esta circunstancia
acontecese entenderase como contraria á honestidade académica e
aplicarase a Normativa académica de evaluaciones, de calificaciones y de
reclamaciones avaliación."

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes