Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Variedades do Inglés
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B4 B5 B10 C2 C3 C4 C8 Haberá dúas presentacións orais:

I. Unha presentación INDIVIDUAL durante a CLASE PRÁCTICA (10%): A presentación individual segue o formato estándar e consiste en facer unha análise práctica da variedade inglesa que queirades--por exemplo, sobre as características fonéticas e/ou gramaticais dunha canción en inglés non estándar.

II. Un VÍDEO-PROXECTO en GRUPO (10%): O formato do vídeo-proxecto en grupo (3-9 estudantes) é máis libre, sempre e cando os estudantes imiten RESPECTUOSAMENTE un acento inglés non estándar durante a presentación e eviten os clichés e os estereotipos.

Non se pode repetir variedade na presentación, o project e o ensaio comparativo—é dicir, en total, traballaredes polo menos sobre 4 variedades diferentes.
20
Obradoiro A1 A2 A6 A9 A11 A17 A19 A20 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C4 C2 Nos obradoiros ou clases prácticas, que terán lugar na aulanet, as/os estudiantes terán que aportar as súas análises e os seus comentarios ás veces en PAPEL e ás veces no FORO de MOODLE. As notas nesta sección dependerán do traballo presencial na aula. 20
Traballos tutelados A1 A2 B1 B2 B3 B6 B7 Haberá dous traballos tutelados:

I. ENSAIO COMPARATIVO (15%): Teredes que escribir un ensaio comparativo sobre dúas ou máis variedades do inglés non estándar. As variedades que elixades non poden coincidir nin coa da exposición oral individual nin coa do project (vid. abaixo). Facilitaranse instruccións máis detalladas na clase.

II. RECENSIÓN CRÍTICA (10%): Na data oficial do exame final teredes unha hora para escribir, na aula, unha recensión crítica dun artigo que teredes lido previamente para esta actividade. Poderedes ter o artigo convosco, sempre e cando non estea anotado de ningún xeito (comentarios, asteriscos, suliñados, etc.). Esta recensión constará de dúas partes: un RESUMO do artigo e un COMENTARIO CRÍTICO que relacione os contidos do mesmo cos tratados na clase.
25
Discusión dirixida A6 A9 A11 A17 A19 A20 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C4 C2 En cada clase de GRUPO GRANDE, cada estudiante deberá responder oralmente e/ou por escrito a preguntas sobre o material asignado para ese día, así como participar nos debates e resto de actividades. 35
 
Observacións avaliación

• A segunda oportunidade de avaliación en xullo contará coas seguintes seccións:

1. Na data oficial do exame, o alumnado deberá
escribir, na aula, o seguinte:



- Un exame (2 h.) con
preguntas cortas e máis longas sobre o material estudiado durante o curso.
Este exame substituirá ás seccións "discusión dirixida" (35%) e
"obradoiro" (20%) da primeira oportunidade de avaliación. 



- Unha recensión crítica (1
h.) dun artigo que terán lido previamente para esta actividade. Poderán ter o artigo durante o exame, sempre e cando non estea anotado de ningún xeito (comentarios, asteriscos, suliñados, etc.). Esta recensión constará de dúas partes: un RESUMO do artigo e un COMENTARIO CRÍTICO que relacione os contidos do mesmo cos tratados na clase.

2. Para esta misma data, o alumnado deberá
ter entregado un ensaio comparativo (15%) e subido á  plataforma dúas presentacións orais (20%) seguindo as mesmas especificacións que para a primeira oportunidade.



Cada estudiante deberá
realizar a(s) sección(s) que non superara na primeira oportunidade.

• Obterase unha calificación de "non
presentado"
por non acudir ao exame e/ou por ter completado traballo
de curso que represente unha porcentaxe inferior ao 50%.

 • O alumnado matriculado a tempo parcial e
que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co
profesorado da materia a principio de curso e avaliarase do mesmo xeito que o
especificado para a oportunidade de xullo.

 • O alumnado que se presenta á convocatoria
adiantada de decembro
avaliarase segundo as normas especificadas para a
oportunidade de xullo.

 • O profesorado pode usar o servizo de
detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do alumnado. O plaxio
en calquera actividade significará a cualificación de "cero"
nesta actividade.

 • Todos os traballos e actividades deberán
ser entregados en tempo e forma para así evitar unha penalización do 25% sobre
a nota obtida nos mesmos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes