Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Variedades do Inglés
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral B4 B5 B10 C2 C3 C4 C8 Haberá dúas presentacións orais:

I. Unha presentación INDIVIDUAL durante a CLASE PRÁCTICA (10%):
A presentación individual consiste en facer unha análise práctica da variedade inglesa que queirades. Devandita análise ha de comentar NECESARIAMENTE as características fonéticas e/ou gramaticais dun texto (ex. unha canción ou unha película en inglés non estándar).

II. Un VÍDEO-PROXECTO en GRUPO (10%): O formato do vídeo-proxecto en grupo (3-10 estudantes) é máis libre, sempre e cando os estudantes imiten RESPECTUOSAMENTE un acento inglés non estándar (ou varios) durante a presentación e eviten os clichés e os estereotipos.

IMPORTANTE: Non se pode repetir variedade nas presentacións, o project e o ensaio comparativo—é dicir, en total, traballaredes polo menos sobre 4 variedades diferentes. Tanto para o ensaio como para as presentacións, podedes elexir variedades NON tratadas en clase.
20
Obradoiro A1 A2 A6 A9 A11 A17 A19 A20 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C2 C4 Nos obradoiros ou CLASES PRÁCTICAS, que terán lugar na aulanet, as/os estudiantes terán que aportar as súas análises e os seus comentarios sobre o material tratado ese día (ou outros) ás veces en PAPEL e a miúdo no FORO de MOODLE. As notas nesta sección dependerán do traballo presencial na aula. 20
Traballos tutelados A1 A2 B1 B2 B3 B6 B7 Haberá dous traballos tutelados:

I. ENSAIO COMPARATIVO (20%): Teredes que escribir un ensaio comparativo sobre dúas ou máis variedades do inglés non estándar. As variedades que elixades non poden coincidir nin coa da exposición oral individual nin coa do project (vid. abaixo). Cando vos devolva os vosos traballos corrixidos, teredes que reescribilos seguindo as miñas indicacións. A nota obtida só será efectiva tras dita reescritura. Recibiredes instruccións máis detalladas na clase.

II. RECENSIÓN CRÍTICA (10%): Dareivos un artigo de teoría xeral sobre variedades (ex. ecoloxía lingüística). Teredes que escribir unha recensión do mesmo de dous partes: RESUMO do artigo e COMENTARIO CRÍTICO que relacione os seus contenidos cos tratados en clase. O resto das directrices serán explicadas durante o curso.
30
Discusión dirixida A6 A9 A11 A17 A19 A20 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C2 C4 En cada CLASE TEÓRICA (i.e. grupo grande), cada estudiante deberá responder oralmente ou por escrito a preguntas (i.e. TESTS) sobre o material asignado para ese día (e/ou para días anteriores), así como participar nos debates e resto de actividades. As datas dos devanditos tests serán anunciadas por adiantado. 30
 
Observacións avaliación

-Para aprobar a
materia, hai que sacar polo menos un 5 sobre 10 nas actividades das CLASES
TEÓRICAS e das PRÁCTICAS, en cada un dos TRABALLOS TUTELADOS e cada unha das PRESENTACIÓNS ORAIS, e na nota final. O meu método docente baséase
na EVALUACIÓN CONTINUA. Por tanto, dareivos as notas GLOBAIS antes de finais de
decembro.

-O alumnado que
non aprobe as actividades das CLASES TEÓRICAS e/ou das CLASES PRÁCTICAS pode recuperalas no
exame oficial de XANEIRO.

-No exame oficial
de XULLO se seguirán as mismas indicacións que en xaneiro en canto á avaliación
da teoría e a práctica. A data do exame, teredes que enviarme os traballos
tutelados e colgar a presentación oral individual. O vídeo-proxecto en grupo tamén
será opcional. Cabe sinalar que cada estudante deberá realizar a(s) sección(s)
que non superase na primeira oportunidade.

-O alumnado que
se presente á convocatoria adiantada de decembro avaliarase segundo as normas
especificadas para a oportunidade de xullo.

-O estudiantado
matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá
porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso e avaliarase
segundo os criterios establecidos para a oportunidade de xullo.

-Para NON obter a
cualificación de "Non presentado", a/o estudante debe facer polo
menos a metade do traballo puntuable (i.e. ensaio, probas, etc.).

-Todos os
traballos deberán ser entregados en tempo e forma para evitar así unha
penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.

-O profesorado
pode usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo
do estudiantado. O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de
"cero" na mesma.

-Se a coordinadora considérao conveniente, poderá haber temas de auto-estudo por parte do alumnado (ex. para ampliar coñecementos). Estes materiais, que non serán obxecto de avaliación, serán provistos en Moodle.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes