Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  Use of Galician
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workshop A1 A2 A4 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 Actividades prácticas presenciais e lecturas derivadas das sesións maxistrais.
Nestas actividades valorarase a correcta aplicación dos contidos teóricos á práctica, a capacidade de análise, a clareza e corrección na expresión oral e escrita, así como o traballo individual e en grupo.
20
Problem solving A1 A2 A4 A9 A10 A11 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C6 Actividades prácticas non presenciais.
Nestas prácticas de ampliación avaliarase o correcto desenvolvemento das instrucións indicadas, a correcta aplicación dos contidos teóricos á práctica, para alén da corrección na análise e na expresión escrita.
Entregaranse en papel nos prazos marcados.
30
Mixed objective/subjective test A1 A2 A3 A4 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C1 Proba escrita con elementos teórico-prácticos.
Serán valoradas nesta proba cuestións tales como os contidos, a clareza e rigor expositivo e a calidade expresiva.
50
 
Assessment comments

1. OBSERVACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN

1.1. Para superar a materia, o alumnado deberá aprobar (con 5 puntos sobre 10) cada unhadas metodoloxías avaliábeis: "Obradoiro", "Solución deproblemas" e "Proba mixta". En caso contrario, poderá recuperarparcial ou totalmente estas metodoloxías na 2.ª oportunidade, segundo as normasque se detallan na epígrafe 2 destas "Observacións avaliación".

1.2. Asactividades prácticas entregaranse exclusivamente nos días fixados poloprofesorado da materia. Aquelas actividades que foren entregadas fóra de prazonon serán obxecto de avaliación.

1.3. Todas as
probas e actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección
lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de
reiteracións, precisión léxica, rexistro formal etc.); no caso de deficiencias
lingüístico-expresivas, estas poden ser penalizadas na cualificación. según documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado por Sección de Gallego-Portugués el 6/7/2018 e colgado en Moodle).

2.AVALIACIÓN DA 2.ª OPORTUNIDADE (xullo)

2.1. Na 2.ªoportunidade, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmasporcentaxes que na oportunidade anterior, excepto o "Obradoiro", cuxacualificación -ao ser presencial- se integrará en "Solución deproblemas" (que, deste xeito, equivalerá o restante 50 % da cualificaciónfinal). De igual modo que na 1.ª oportunidade, para superar a materia nestaoportunidade o estudantado deberá aprobar (con 5 puntos sobre 10) cada unha dasmetodoloxías.

2.2. O alumnadoque suspender as actividades avaliábeis terá que realizar outras substitutivasque lle foren encomendadas. As especificacións sobre a tipoloxía destasactividades e sobre as datas de entrega serán publicadas en Moodle antes dacelebración da "Proba mixta".

3.AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO

3.1. Nestaoportunidade adiantada cada alumno/a será avaliado/a mediante unha "Probamixta", que suporá o 50 % da cualifiación final e que terá lugar na dataoficial marcada pola Facultadede Filoloxía, e unha serie de prácticas,puntuábeis nun 50 %.

4.CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO (NP)

4.1. Seráconsiderado Non Presentado o alumnado que non se presente á "Probamixta" e, alén diso, cuxo número de actividades avaliadas for inferior ao50%.

5.ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA

5.1. O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia concedida deberá pórse en contacto co profesorado da materia no inicio do curso académico para planificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na avaliación no tocante ás actividades presenciais (que serán substituídas por outras non presenciais equivalentes). Así mesmo, aquel alumnado que xustifiquea imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado responsábel.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes