Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Irlandesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A6 B3 C2 Pedirase aos estudantes que realicen unha proba (aínda que, segundo o calendario do ano concreto, podería haber, potencialmente, unha proba a metade de camiño, a outra na data oficial do exame final) na que os estudantes deben demostrar o seu dominio dos contidos e habilidades relacionadas coas clases, seminarios e grupos pequenos. Unha nota mínima de 4/10 é obrigatoria a partir de cada unha das probas para que a nota poida ser engadida á cualificación global xunto coas demais actividades. 50
Seminario A1 A6 A9 A10 A11 A17 B1 B4 B5 B8 C2 Traballo desenvolvido nos seminarios ao longo do curso coa participación directa dos alumnos. Neste apartado avalíase a participación, a calidade da expresión oral e máis escrita en inglés, e o aproveitamento da asistencia. 20
Traballos tutelados A6 A16 B1 B2 B3 B8 B10 C3 C2 Pediránse aos alumnos UN TRABALLO en inglés que non sobrepase as cinco-seis páxinas, sobre UNHA DAS lecturas realizadas NO APARTADO FINAL DO PROGRAMA (CONTEMPORÁNEOS) o a experiencia práctica nas clases. A xuizo do profesor, sempre dacordo cos estudantes, os traballos poderían ser sustituidos por outras actividades. No seu caso, se o decide o profesor, os ensaios e traballos escribiranse na aula no tempo de clase, aínda que esta circunstancia pode variar. Os traballos estarán sometidos a unha breve presentación oral, entre 15 e 20 minutos, de xeito individual, como os propios traballos. É necesaria ademáis a achega do texto físico, antes da presentación oral. 30
 
Observacións avaliación

Na avaliación de xullo os estudantes presentarán un ensaio sobre os estudos teóricos e/ou os textos (50%) e pasarán un exame (50%). Na avaliación de xuño, os estudantes que non asistan ao exame durante o curso terán a cualificación de "non Presentado".
IMPORTANTE: os estudantes a tempo parcial ou cun permiso especial deben contactar obrigatoriamente co profesor ao comezo do curso co fin de planificar cada situación individual e os cambios necesarios para compensar as porcentaxes resultantes do traballo do seminario e a participación, a lectura e os traballos supervisados.
Os ensaios, traballos ou actividades, incluíndo os que se realicen durante o curso en clase e fóra dela, nos que se comprobe e justifique a existencia de plaxio (copia), de fontes calquera, total ou parcial, serán cualificados invariablemente coa cualificación de 0.0 puntos, como sinala a normativa respecto diso.
Quen teña concedida a dispensa académica,
e como establece a Normativa de permanencia da universidade, será
avaliado seguindo os criterios aplicables á oportunidade de xullo.
Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
É sempre aconsellable utilizar materiais sostibles e papel procedente do reciclaxe.
O estudantado a tempo parcial e completo será examinado segundo os criterios da convocatoria de xullo. 

Os alumnos que non se presenten ao exame escrito, en xullo ou xuño, recibirán a cualificación de NON PRESENTADO. 

Máis sobre os plaxios

Nesta asignatura podería  empregarse a ferramenta Turnitin na avaliación dos traballos e as actividades. Atendendo ás recomendacións da Xunta de Facultade, engádese o seguinte texto que deberá ser tido en conta polos estudantes: Turnitin é unha aplicación de uso para o profesorado coa finalidade de revisar porcións de texto procedentes doutros textos e sinalar a súa procedencia. Esta ferramenta pode recoñecer traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. Se esta circunstancia acontecese entenderase como contraria á honestidade académica e aplicarase a Normativa académica de evaluaciones, de calificaciones y de reclamaciones na avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes