Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Norteamericana nos seus Textos
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Espérase que cada estudiante lea todos e cada un dos textos polo miudo e de xeito crítico, intentando acadar as súas proprias conclusións. Tamén se espera que realicen as lecturas obrigatorias antes da clase. Grazas ao programa detallado que se lle entrega ao alumnado durante a primeira semana de clase, coñécense con antelación as datas nas que se analizará cada unha das lecturas obrigatorias.
Presentación oral Esta breve exposición oral levarase a cabo en grupos reducidos (2-4 estudiantes por equipo). Cada grupo escollerá un tema da lista que a docente proporcionará ao inicio do cuadrimestre, cando se darán todos os detalles do traballo. Os grupos poderán elixir entre distintas datas durante os meses de abril e maio para levar a cabo a súa exposición.
Sesión maxistral Neste tipo de sesións a docente explicará o contexto socio-histórico e cultural no que se inscriben os textos a analizar, exploraranse os conceptos teóricos máis relevantes e proporcionaranse pautas de análise textual. As sesións maxistrais levaranse a cabo nas clases co grupo grande, correspondentes á docencia expositiva (DE). De xeito ocasional, poderase organizar unha conferencia a cargo de expertas/os doutras universidades.
Análise de fontes documentais Análise textual (close reading) e respostas razoadas sobre a leitura persoal dos textos.
Proba mixta Estas probas finais, que se realizarán nas datas oficiais de exames (oportunidades de xuño e xullo), consistirán en preguntas de tipo teórico-práctico, e poden incluir preguntas breves así como exercicios máis longos e complexos (essay questions). Vid. AVALIACIÓN.
Proba de ensaio Estas probas ou exercicios consisten na elaboración de ensaios breves en resposta a preguntas teórico-prácticas e se levarán a cabo fundamentalmente na aula, se recollerán e computarán a efectos de avaliación. Nos seminarios cos grupos pequenos se procederá a explicar os erros e dúbidas máis relevantes dos exercicios recollidos en clase.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes