Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Español como L2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A3 A5 A10 A11 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C3 C7 A profesora recollerá unha pequena parte representativa das actividades tanto na aula como fóra. 25
Traballos tutelados A1 A3 A5 A10 A11 A14 A15 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C3 C6 C7 C8 O alumno terá que realizar en equipo un traballo titorizado que consistirá na elaboración dunha secuencia didáctica.
Será obrigatorio o seguimento por parte da profesora. Valoraranse os coñecementos, habilidades e competencias adquiridas, isto é: o correcto e completo manexo das fontes; a capacidade do alumno para levar á práctica os fundamentos teóricos aprendidos; a orixinalidade e a creatividade; a autonomía no traballo, e a capacidade para planificar e xestionar o traballo con eficacia. Tamén, valoraranse a corrección idiomática, a estruturación da información (en definitiva, a coherencia do texto final) e a cohesión. Así mesmo, valorarase a colaboración dos membros do grupo, polo que se penalizará o «grupo grampadora».
35
Proba mixta A1 A3 A5 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C6 C7 C8 Trátase dunha proba escrita na que se avaliará a asimilación crítica dos contidos aprendidos e, sobre todo, a capacidade do alumno para aplicalos á práctica do ensino de español como lingua estranxeira.
Valoraranse os coñecementos, habilidades e competencias adquiridas, isto é: o rigor conceptual, a capacidade de sintetizar e analizar criticamente a información e a capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos ás propostas didácticas concretas. Así mesmo, valoraranse a corrección idiomática, a coherencia e a cohesión das respostas dadas.
20
Presentación oral A5 A11 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 Expoñerase as partes máis interesantes do traballo titorizado. Valorarase a propia exposición oral e o uso que se faga dos recursos e materiais de apoio deseñados. 20
 
Observacións avaliación

- Para superar a materia, a cualificación mínima da proba mixta deberá ser de 4 puntos sobre 10.

 -
Cualificarase como non presentado a quen non se presente ao exame final
oficial, independentemente do número de actividades entregadas.

-
Na primeira oportunidade, aqueles alumnos que asistan con asiduidade a
clase (que teñan como mínimo o 80% de asistencia), segundo o criterio da profesora, poderían quedar
exentos de realizar o exame final oficial. Como consecuencia,
reformularíase o peso porcentual dos instrumentos de avaliación no
sentido seguinte: o traballo grupal tutelado pasará a valer o 45% e o obradoiro, o 35%.

-
Na segunda oportunidade (mes de xullo), aqueles estudantes que non
superasen a materia, que asistisen regularmente a clase e que realizasen
un 60% das actividades propostas terán que repetir unicamente aqueles
instrumentos de avaliación non superados. Nos casos restantes, serán
avaliados cunha proba mixta que valerá 50% e coa realización do traballo
tutelado (50%).

- Non se admitirán traballos entregados fóra de prazo.

-
Os traballos, actividades e exames deben cumprir as esixencias de
corrección lingüística propias destes textos (ortografía, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionar,
etc.). Penalizarase a nota dos escritos que non se axusten a esta norma.

- O plaxio (é dicir, a utilización de textos ou ideas doutros autores sen
indicar a fonte de procedencia), mesmo parcial, ou calquera outra falta
de honradez académica, dará lugar á descualificación automática da
actividade ou da proba.

- A profesora adaptará o sistema de avaliación a aqueles estudantes
que non poidan asistir ás aulas (por exemplo, os que teñen adicación a
tempo parcial con dispensa académica recoñecida) ou os que precisen da adopción de medidas encamiñadas ó
apoio á diversidade, co fin de non prexudicar as súas cualificacións.

- Alumnos erasmus e extranxeiros: recoméndase un nivel equivalente a B1
como mínimo para matricularse nesta materia. Despois de cursala esixirase para superar a materia un nivel equivalente a B2.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes