Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Español como L2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A3 A5 A10 A11 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C3 C7 Durante todo o cuadrimestre, serán programadas até un máximo de 4 entregas evaluábeis de tarefas de clase a través da plataforma Moodle.
As instruccións e fechas límite para a realización de cada unha delas, así como os criterios de avaliación aplicábeis, serán postos ao dispor do alumnado a través da mesma ferramenta.
50
Traballos tutelados A1 A3 A5 A10 A11 A14 A15 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C3 C6 C7 C8 O alumnado terá que realizar un traballo tutelado cuxas instrucións, materiais e ferramentas de preparación serán oportunamente disponibilizadas a través de Moodle.
Valorarase o correcto e completo manexo das fontes; a capacidade do alumnado para levar á práctica os fundamentos teóricos aprendidos; a orixinalidade e a creatividade; a autonomía no traballo e a capacidade para planificar e xestionar cada tarefa con eficacia. Igualmente, serán fundamentais a corrección idiomática, a coherencia, cohesión e adecuación do texto resultante.
50
 
Observacións avaliación

- Calificarase como non presentado a quen non realice a entrega do Traballo tutelado. 

- Na segunda oportunidade, o estudantado que no teña superado a materia deberá volver entregar aqueles instrumentos de avaliación non aprobados en primeira instancia.

- Non será admitida a entrega de traballos ou tarefas fora dos prazos estipulados.

- Todas as tarefas de clase e en especial aquelas evaluábeis deben cumprir as esixencias de corrección lingüística propias dos textos académicos (ortografía, puntuación, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado, etc.). Penalizarase a nota dos escritos que non se axusten a esta norma. 

-O plaxio (utilización de textos ou ideas doutra autoría sen indicar a fonte de procedencia), incluso parcial, ou calquera outra falta de honradez académica, dará lugar á descalificación automática da actividade ou da proba.

-O profesorado adaptará o sistema de avaliación para aquel estudantado que non poida asistir a clase (dedicación a tempo parcial con dispensa académica recoñecida) ou para quen precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade, co fin de non perxudicar as súas calificacións. 

- Alumnado Erasmus e/ou procedente de programas de intercambio internacional: recoméndase unha competencia lingüística en español equivalente ao B1 do PCIC, como mínimo para a matrícula na materia. 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes