Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno: Italiano
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A1 A3 A10 B3 B6 B9 C3 Avaliarase os coñecementos e competencias relativos ao nivel falado da lingua. 20
Actividades iniciais A1 A3 A10 B1 B7 Considerase actividades iniciais o conxunto das seguintes actividades: exercizos en clase, participación nas aulas, lecturas, audicións e participación nas actividades programadas relacionadas coa materia. 20
Presentación oral A1 A5 A10 A15 A19 B4 B8 C5 Avaliarase tanto a elaboración da presentación, coma o grao de corrección lingüistica acadado a nivel oral e a capacidade para interesar e facer participar ao resto dos compañeiros. 20
Proba mixta A2 A10 A15 A19 C4 Proba escrita con preguntas de diverso tipo para avaliar os coñecementos e as distintas competencias acadadas. 35
Sesión maxistral A3 A5 A11 B5 B7 C7 Valorarase a asistencia ás aulas e a participación activa, segundo a seguinte escala: número de faltas inferior ao 5%, 100% da cualificación; faltas entre o 5 e o 10%, 50% da cualificación; máis do 10% de faltas, 0 puntos. A nota resultante nos dous primeiros casos poderá ser obxecto de matización (ata un 20% á baixa) se a participación do alumno non foi axeitada. 5
 
Observacións avaliación

Criterios de avaliación: na primeira oportunidade, o alumno ten
que cumprir as seguintes condicións: Aprobar o conxunto da Proba mixta e da
Proba oral. Facer polo menos a mitade das actividades propostas na
avaliación. Non se terán en conta as actividades entregadas fóra de prazo.
Considerarase como Non Presentado aquel alumno que non se presente ás Probas
mixta e oral. Os exercicios terán que entregarse o último día de clase. A
exposición oral realizarase nas últimas horas da clase do venres (poden ser dúas
o máis semanas, según a cantidade de alumnos. Neste caso realizarase a proba
en orden alfabético). Estas datas poden variar. Faranse oficiais nas clases.

Na segunda oportunidade se o alumno aprobou o conxunto das
probas mixta e oral so terá que completar as actividades restantes. Os
exercicios poderán entregarse até o día do examen. Non se aceptarán
exercicios fora deste prazo. A exposición oral se realizará o mesmo día do
examen. Se o alumno non aprobou o conxunto das probas mixta e oral terá que
repetilas na sesión de xullo. No caso de non ter feitas o suspensas as demáis
actividades tamén terá que repetilas. Ao comezo do curso darase un calendario
de entrega dos traballos e as diferentes actividades da avaliación.

Os alumnos con dispensa académica de asistencia e a tempo
parcial deberán presentarse ao comezo do curso para recibir indicacións sobre
como aprobar o exame, e recibir avaliación continua ao longo de todo o
curso.Terán que examinarse nas datas oficiais como o resto dos alumnos e
entregar ou realizar o resto das actividades nunha data a convir coa
profesora.

No caso de ter alumnos na convocatoria de decembro, o alumnado
terá que superar as mesmas probas da convocatoria de xaneiro coa mesma
porcentaxe.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes