Teaching GuideTerm Faculty of Philology |
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Subjects |
Idioma Moderno: Portugués |
Methodologies |
Identifying Data | 2019/20 | |||||||||||||
Subject | Idioma Moderno: Portugués | Code | 613G03051 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 1st four-month period |
Second | Obligatory | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Description |
Directed discussion | Entendemos por “discusión dirixida” aquela actividade desenvolvida polo alumnado en grupos pequenos en que se porá en práctica a expresión e a comprensión orais en lingua portuguesa. Debateranse diversos temas baixo a supervisión do/da docente. Nestas sesións prestarase unha especial atención á participación activa do estudantado. |
Workbook | Considérase “lectura” calquera tipo de material (textos de manuais, xornais, revistas, foros de internet etc.) que o/a alumno/a terá que coñecer para a realización de certas actividades de maneira presencial ou non presencial. |
Workshop | Os obradoiros son aulas centradas no desenvolvemento de prácticas de comprensión lectora e de produción escrita (resolución de exercicios, corrección e elaboración de textos). |
ICT practicals | O/a alumno/a deberá facer uso das novas tecnoloxías para preparar actividades propostas nas aulas. |
Objective test | A proba escrita permite avaliar coñecementos, capacidades, habilidades etc. en destrezas como a comprensión e a produción escritas. Pode combinar preguntas de resposta múltipla, de resposta breve, de ordenación, de asociación, de discriminación… |
Oral presentation | Neste tipo de proba avalíase a competencia comunicativa do/da estudante mediante unha pequena entrevista ou conversa co/coa profesor/a, en que tal vez deba improvisar determinadas situacións. Na proba oral poderán empregarse textos, deseños ou materiais audiovisuais como apoio. |
Summary | Realizaranse con frecuencia sínteses dos principais contidos fixados no programa, a fin de facilitar a súa comprensión. |
Guest lecture / keynote speech | As sesións maxistrais consistirán en exposicións orais de carácter fundamentalmente teórico á volta dos contidos básicos da materia. Nestas aulas utilizaranse diversos textos seleccionados especificamente para a análise e a comprensión dos contidos; resolveranse as dúbidas a respecto dos temas propostos e facilitarase bibliografía específica. Nestas sesións guiarase o alumnado no proceso de aprendizaxe e mostraranse recursos que faciliten o desenvolvemento do traballo autónomo. |
Supervised projects | Baixo a coordinación do/da docente, os/as alumnos/as levarán a cabo diversas actividades (corrección e/ou elaboración de textos), ben de maneira individual ben organizados en pequenos grupos, a fin de partillaren información, coñecementos e habilidades. |
|