Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  Idioma Moderno: Portugués
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workshop A8 A10 A15 B3 B4 B6 B7 C2 Serán avaliados un conxunto seleccionado dos traballos (orais ou escritos) desenvolvidos nas aulas de maneira individual ou colectiva 10
Objective test A8 A10 A15 B1 B5 B6 B7 C2 Ao final do cuadrimestre o estudantado deberá realizar unha proba obxectiva de comprensión oral e escrita e de produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves), en que se avaliarán os coñecementos adquiridos tanto nas sesións maxistrais como nos grupos intermedios e pequenos. 50
Oral presentation A8 A15 B3 B4 C2 C4 Os/as alumnos/as terán que realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa. 20
Supervised projects A8 A10 A15 B1 B3 B5 B6 B7 C2 Os traballos individuais e grupais (tanto presenciais como non presenciais) encomendados polo profesorado ao longo do curso suporán un 20% da nota final.
Valorarase especialmente a aprendizaxe colaborativa.
20
 
Assessment comments

Todas as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os
procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao
alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma moodle.

Para superar a materia, a cualificación mínima da
proba obxectiva deberá ser de 4 puntos sobre 10.

O
estudantado a tempo parcial e con dispensa académica realizará ou
entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente
cos profesores. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas
probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás titorías,
deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

O alumnado que se presentar á convocatoria de decembro será avaliado da
seguinte maneira: proba obxectiva (50 %), presentación oral (20%) e
traballos tutelados (30 %).

Se
houber criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas
propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesor
responsábel da materia en formato "rúbrica" na sala de aulas ou a través
do moodle. O docente fornecerá, igualmente, as oportunas instrucións
para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.

As
persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada
deberán entregar en xullo, nas datas marcadas aos efectos de avaliación
pola Facultade de Filoloxía, os traballos que foren solicitados e
superar tamén aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo
profesorado responsábel da materia.

Será considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non comparecer ás probas escritas ou que non entregar ningunha das actividades.

O alumnado que se presente á convocatoria de decembro será avaliado da
seguinte maneira: proba obxectiva (50 %), presentación oral (20%) e
traballos tutelados (30 %).










Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes