Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno 3: Portugués
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Entendemos por “discusión dirixida” aquela actividade desenvolvida polo alumnado en grupos pequenos en que se porá en práctica a expresión e a comprensión orais en lingua portuguesa. Debateranse diversos temas baixo a supervisión do/da docente. Nestas sesións prestarase unha especial atención á participación activa do estudantado
Lecturas Considérase “lectura” calquera tipo de material (textos de manuais, xornais, revistas, foros de internet etc.) que o/a alumno/a terá que coñecer para a realización de certas actividades de maneira presencial ou non presencial.
Obradoiro Os obradoiros son aulas centradas no desenvolvemento de prácticas de comprensión lectora e de produción escrita (resolución de exercicios, corrección e elaboración de textos).
Prácticas a través de TIC O alumno ou a alumna deberá facer uso das novas tecnoloxías para preparar actividades propostas nas aulas.
Proba obxectiva A proba escrita permite avaliar coñecementos, capacidades, habilidades etc. en destrezas como a comprensión e a produción escritas. Pode combinar preguntas de resposta múltipla, de resposta breve, de ordenación, de asociación, de discriminación…
Presentación oral Neste tipo de proba avalíase a competencia comunicativa do/da estudante mediante unha pequena entrevista ou conversa co/coa profesor/a, en que talvez deba improvisar determinadas situacións. Na proba oral poderán empregarse textos, deseños ou materiais audiovisuais como apoio.
Resumo Realizaranse con frecuencia sínteses dos principais contidos fixados no programa, a fin de facilitar a súa comprensión.
Sesión maxistral As sesións maxistrais consistirán en exposicións orais de carácter teórico-práctico á volta dos contidos básicos da materia. Nestas aulas utilizaranse diversos textos seleccionados especificamente para a análise e a comprensión dos contidos; resolveranse as dúbidas a respecto dos temas propostos e facilitarase bibliografía específica. Nestas sesións guiarase o alumnado no proceso de aprendizaxe e mostraranse recursos que faciliten o desenvolvemento do traballo autónomo.
Traballos tutelados Baixo a coordinación do / da docente, o alumnado levará a cabo diversas actividades (corrección e/ou elaboración de textos), ben de maneira individual ben organizado en pequenos grupos, a fin de partillar información, coñecementos e habilidades.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes