Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno 3: Portugués
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A15 B5 B6 B7 C2 Os traballos individuais e grupais (tanto presenciais como non presenciais) encomendados polo profesorado ao longo do curso suporán un 20% da nota final.
Valorarase especialmente a aprendizaxe colaborativa.
20
Discusión dirixida A8 B4 B7 B8 C2 C4 As intervencións orais do/da estudante durante as discusións dirixidas (conversa) corresponderanse cun 10% da nota final. 10
Presentación oral A8 B4 C2 Cada estudante terá que realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia 20
Proba obxectiva A8 A10 A15 B3 B5 B6 B7 C2 Ao final do cuadrimestre, o estudantado deberá realizar unha proba obxectiva de comprensión oral e escrita e de produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves), en que se avaliarán os coñecementos adquiridos tanto nas sesións maxistrais como nos grupos intermedios e pequenos. 50
 
Observacións avaliación

OBSERVACIÓNS

Aplicarase unha penalización do 25 % sobre a cualificación final de actividades e traballos se estes foren entregados fóra de prazo sen causa xustificada.

Os/as estudantes que non superaren a materia ou que non cumpriren co 50 % das actividades obrigatorias exixidas ao longo do cuadrimestre deberán realizar na convocatoria de xullo unha proba de carácter oral e escrito.

O alumnado que se presente á convocatoria de decembro será avaliado da seguinte maneira: proba obxectiva (50 %), presentación oral (20 %) e traballos tutelados (30 %).

Considerarase non presentado na materia quen non realizar a proba escrita e / ou quen non cumprir coas catro actividades obrigatorias propostas polo / pola docente.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica entregará as actividades
obrigatorias nunha data concertada previamente co / coa profesor/a.

Para superar a materia, a cualificación mínima da
proba obxectiva deberá ser de 5 puntos sobre 10.



Tanto
as actividades como as probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección
lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e
pendurado en Moodle).

Os traballos presentados polo alumnado poderán ser
incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio (mesmo de
traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades polo/a
estudante). En caso de se producir plaxio, poderán ser aplicadas as medidas contempladas
nas “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña” (artigo
14.4).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes