Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno 3: Alemán
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A1 A2 A5 A8 A9 A10 A15 B3 B4 B5 B6 B7 B10 C2 C3 C6 - O aproveitamento e participación activa nas aulas será o principal punto a ter en conta na valoración deste apartado. 10
Traballos tutelados A1 A2 A5 A8 A9 A10 A15 A18 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C3 C4 C6 - O alumnado deberá entregar un mínimo dun 80% dos traballos obrigatorios, de non ser así a cualificación desta parte será de 0.

- Na avaliación atenderase a aspectos gramaticais, contido e estruturas traballados na aula, así como á presentación dos mesmos tanto en forma e data, seguindo as indicacións proporcionadas polo profesorado na aula.

- Non se aceptará ningunha entrega fóra de prazo ou que non siga as canles e formato de entrega indicados polo profesorado.
20
Proba mixta A1 A2 A8 A10 A15 B6 B7 C2 C4 C6 - A proba mixta constará de dúas partes:
a.- Exercicios de contido gramatical.
b.- Expresión escrita e comprensión lectora.

- Será necesario obter unha nota mínima de 4 sobre 10 en cada unha das partes para superar a proba.

- En caso de obterse unha nota inferior a 4 nalgunha das partes, a cualificación final da proba non poderá ser superior a 3.5 sobre 10.
45
Presentación oral A2 A8 A10 A15 B4 B5 C2 C4 - Realizarase unha proba oral final pública tipo presentación e/ou entrevista que se realizará na aula nos últimos días do curso.

- Para a avaliación da devandita proba atenderase á corrección gramatical, aspectos fonéticos, estrutura e contido do discurso, así como á comprensión oral do alumnado.
15
Obradoiro A1 A2 A5 A8 A9 A10 A15 B3 B5 B6 B7 C2 C3 C4 C6 - O estudantado matriculado nesta materia participará nunha EAG ou proxecto colaborativo online.

- As pautas e indicacións daranse a coñecer a principio do cuadrimestre. * (Ver nota en observacións).
10
 
Observacións avaliación
*EAG ou proxecto de aprendizaje colaborativo

  • No caso de que non fora posibel a realización desta
    actividade, o 10% correspondente pasará a cubrirse mediante traballos
    tutelados, quedando a porcentaxe desa metodoloxía en 30%. Esta situación comunicarase na primeira semana do cuadrimestre.

Requisitos para superar a materia en 1ªoportunidade
  • Realizar a presentación oral. De non realizala, o/a alumno/a será cualificado como Non Presentado na acta.
  • Obter unha cualificación de 5 sobre 10 no cómputo global das actividades, cunha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba mixta. De non cumprirse este último requisito, a cualificación final da materia non poderá ser superior ao 4.5 sobre 10.

2ª Oportunidade
  • As persoas que non superasen ou se presentasen a proba mixta ou á presentación oral na 1ª oportunidade deberán repetila/s na data oficial establecida para a 2ª oportunidade.
  • As persoas que non entregasen o superasen as actividades de traballos tutelados deberán recuperalas mediante actividades similares. O estudantado deberá poñerse en contacto co/coa responsable da materia para concretar as características das actividades (pautas, temática e datas).
  • A porcentaxe correspondente á actividades presenciais na aula (obradoiro 10% e discusión dirixida 10%), recuperarase mediante actividades acordadas co profesorado.

Convocatoria adiantada
  • A distribución da avaliación será a seguinte: 45% proba mixta, 15% proba oral (a concretar co profesorado) e 40% traballos tutelados (a concretar co profesorado).

Cualificación de Non Presentado
  • Calquera que sexa a oportunidade e/ou convocatoria, todo/a alumno/a que non se presente á proba oral e/ou mixta será cualificado como Non Presentado.

Alumnado con recoñecemento de dispensa académica
  • O alumnado con recoñecemento de dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC (Art. 2.3; 3.b e 4.5)" deberá entregar e realizar as mesmas actividades e probas que o resto do alumnado e na mesma data. Poderase establecer unha data diferente para a proba oral no caso de que estivese debidamente xustificado.
  • A porcentaxe na avaliación das actividades na aula sumarase á dos Traballos Tutelados, quedando distribuídas as porcentaxes do seguinte modo: presentación oral (15%), Traballos Tutelados (40%), Proba Mixta (45%).

Prácticas ilícitas e fraude académica
  • Os traballos ou probas nos que se detecten prácticas ilícitas (uso de tradutores automáticos para a elaboración de traballos tutelados, plaxio, etc.) suporán un 0 na parte avaliable da materia.
  • Ao/á alumno/a que incorra en fraude académica aplicaráselle a sanción correspondente recollida no "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC" (art. 11, apartado 4. b)).

Calquera falta de honradez académica (plaxio,copiar enexames, etc.) penalizarase de acordo co establecido nas "Normasdeavaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de graoemestrado universitario" artigo 14

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes