Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno 4: Italiano
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral B3 Terase en conta a asistencia a clase e a participación activa na aula. Non se adquirirá a puntuación se se produce unha falta de asistencia superior ao 10%. 5
Actividades iniciais A15 B3 Considerase actividades iniciais o conxunto das seguintes actividades: exercicios en clase, participación nas aulas, lecturas, audicións e participación nas actividades programadas relacionadas coa materia. 20
Proba mixta A15 C6 Proba escrita con preguntas de diverso carácter para avaliar os coñecementos e as competencias adquiridas. 35
Proba oral A15 B1 Avaliaranse os coñecementos así como as competencias relativas ao nivel falado da lingua. 20
Presentación oral A15 C3 Terase en conta tanto a elaboración como a presentación como o grao de corrección lingüística adquirido no nivel oral. 20
 
Observacións avaliación

Criterios de avaliación: na primeira oportunidade, o alumno ten que cumprir as seguintes condicións: Aprobar o conxunto da Proba mixta e da Proba oral. Facer polo menos a mitade das actividades propostas na avaliación. Non se terán en conta as actividades entregadas fóra de
prazo. Considerarase como Non Presentado aquel alumno que non se presente ás Probas mixta e oral.
Os exercicios terán que entregarse até o último día de clase. A exposición oral realizarase nas últimas horas da clase (poden ser unha o máis semanas, según a cantidade de alumnos. Neste caso realizarase a proba en orden alfabético). Estas datas poden variar. Faranse oficiais nas clases.

Na segunda oportunidade se o alumno aprobou o conxunto das probas mixta e oral so terá que completar as actividades restantes. Os exercicios poderán entregarse até o día do examen. Non se aceptarán exercicios fora deste prazo. A exposición oral terá lugar o mesmo día do exame.
Se o alumno non aprobou o conxunto das probas mixta e oral terá que repetilas na sesión de xullo. No caso de non ter feitas o suspensas as demáis actividades tamén terá que repetilas. Ao comezo do curso darase un calendario de entrega dos traballos e as diferentes actividades da avaliación.
Os alumnos con dispensa académica de asistencia e a tempo parcial deberán presentarse ao comezo do curso para recibir indicacións sobre como aprobar o exame, e recibir avaliación continua ao longo de todo o curso.Terán que examinarse nas datas oficiais como o resto dos alumnos e entregar ou realizar o resto das actividades nunha data a convir coa profesora. 

Os traballos presentados polo alumnado poderán
ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a
detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou
noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza
algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas
nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos
de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).mesmo
estudante. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes