Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno 4: Portugués
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Considérase “lectura” calquera tipo de material (textos de manuais, xornais, revistas, foros de internet etc.) que o/a alumno/a terá que coñecer para a realización de certas actividades de maneira presencial ou non presencial.
Obradoiro Os obradoiros son aulas centradas no desenvolvemento de prácticas de produción escrita e, sobre todo, oral (resolución de exercicios, corrección e elaboración de textos).
Prácticas a través de TIC O/a alumno/a deberá facer uso das novas tecnoloxías para preparar algunhas actividades propostas nas aulas.
Presentación oral A interacción oral será corrente nas sesións presenciais e poderán ser apresentados oralmente traballos ou atividades específicas.
A calidade da lingua utilizada, os recursos e estratexias expositivas empregados, así como a clareza e arrumazón dos conteúdos vehiculados constitúen os principais elementos a levar en conta polo alumnado neste tipo de actividade.
Proba mixta Consta fundamentalmente dunha proba escrita que permite avaliar coñecementos, capacidades, habilidades etc. en destrezas como a comprensión e, sobre todo, a produción escrita e as competencias gramaticais. Pode combinar preguntas de resposta múltipla, de resposta breve, de ordenación, de asociación, de discriminación…
Sesión maxistral As sesións maxistrais consistirán en exposicións orais de carácter fundamentalmente teórico á volta dos conteúdos básicos da materia. Nestas aulas utilizaranse diversos textos seleccionados especificamente para a análise e a comprensión dos conteúdos; resolveranse as dúbidas a respecto dos temas propostos e facilitarase bibliografía específica. Nestas sesións guiarase o alumnado no proceso de aprendizaxe e mostraranse recursos que faciliten o desenvolvemento do traballo autónomo.
Traballos tutelados Baixo a coordinación d@ docente, o alumnado levará a cabo diversas actividades que deberán ser realizadas por escrito, nomeadamente exercicios virados para a consolidación de destrezas comunicativas e o uso de recursos linguísticos de vario tipo. Para alén disto, organizados en pequenos grupos, @s estudantes realizarán un traballo virado para a documentación e a redacción de conteúdos, a fin de produciren e partillaren información, coñecementos e habilidades.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes